Home O Salnés Meis BNG pide cumprir o acordo de investidura en relación coa elección do...

BNG pide cumprir o acordo de investidura en relación coa elección do representante do concello de Meis na Fundación Monte Castrove

- Anuncio -

Tras o acontecido no último Pleno o BNG de Meis presenta unha moción a fin de que se determine que o representante do Concello de Meis na Fundación Monte Castrove sexa elixido polo Pleno.

Desde O BNG consideramos que a elección do representante do Concello debe saír do Pleno, como xa o expresaramos no pasado Pleno, ao tratarse dunha competencia plenaria, pero non só por iso, senón porque no Acordo de Investidura que asinamos co PSOE un dos puntos era precisamente que as competencias do Pleno manteríanse neste organismo sen que fosen delegadas, cuestión que por parte da Alcaldesa se incumpriu cando esta se remite aos antecedentes administrativos no Concello para determinar que é a Alcaldía quen nomea ao representante porque é como se viña facendo.

Por outra banda agardamos que da reunión que terá lugar o xoves 16 se solucione dunha vez por todas a subida dos IPC nas nóminas dos traballadores e traballadoras, e que desde o PSOE se defenda o cumprimento do convenio laboral, e que deixen a escusa da existencia dunha negociación, porque con isto o único que pretende o partido socialista é un futuro acordo que rebaixe o incremento do IPC que se lle debe subir nas nóminas aos traballadores e traballadoras todo isto en detrimento dos seus dereitos laborais.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas