HomeOurenseO Rallye de Ourense provocará distintos cortes de rúas na cidade entre...

O Rallye de Ourense provocará distintos cortes de rúas na cidade entre hoxe e o sábado

- Anuncio -spot_img

Hoxe mércores, entre as 20:00 e as 01:00 horas, estarán cortadas as rúas Xesús Pousa ata a Praza de Concepción Arenal, pasando pola Ponte do Milenio, Pardo de Cela e Progreso

A celebración do Rallye de Ourense esta fin de semana implicará distintos cortes de rúas que comezan hoxe mércores ata o sábado 18 de xuño. Nesta edición, hai que engadir a celebración do tramo urbano que terá lugar o venres a partir das 21.47 horas.

As rúas polas que discorre o tramo urbano do Rallye de Ourense estarán pechadas ao tráfico de vehículos hoxe, mércores, 15 de xuño, desde as 20:00 até as 01:00 horas, e o venres, 17 de xuño, desde as 15:00 horas até as 2 da madrugada pola celebración desta proba deportiva. O acceso a garaxes estará permitido utilizando a rúa en dobre dirección. O tramo vai desde Xesús Pousa até a Praza de Concepción Arenal, pasando pola Ponte do Milenio, Pardo de Cela e Progreso.

Xoves, 16 de xuño

Desde ás 16:00 e até ás 01:00 horas, estarán pechados os tramos da rúa Concello – á altura da Subdelegación do Goberno -, da rúa Curros Enríquez – até a Avda. da Habana -, e da rúa Xaquín Lourenzo “Xocas” – até Cardenal Quevedo -. A Avda. Xoán XXIII trala Subdelegación, terá dobre sentido.

Venres, 17 de xuño

Entre as 15:00 e as 01:00 horas, peche do tramo urbano que comprende as rúas Xesús Pousa ata a Praza de Concepción Arenal, pasando pola Ponte do Milenio, Pardo de Cela e Progreso. Ás 21.47 horas comeza o tramo urbano cidade de Ourense, saíndo da rúa Xesús Pousa.

Sábado, 18 de xuño

Desde ás 16:00 e até ás 01:00 horas, estarán pechados os tramos da rúa Concello – á altura da Subdelegación do Goberno -, da rúa Curros Enríquez – até a Avda. da Habana -, e da rúa Xaquín Lourenzo “Xocas” – até Cardenal Quevedo -. A Avda. Xoán XXIII trala Subdelegación, terá dobre sentido.

Publicacións Relacionadas