HomePontevedraPoioA Mostra de Cantería volve a Poio coa súa inauguración fixada para...

A Mostra de Cantería volve a Poio coa súa inauguración fixada para este venres 17 de maio

- Anuncio -spot_img

• A colección poderá visitarse no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, logo de que tanto en 2020 como en 2021 tivera que ser suspendida pola situación sanitaria derivada da COVID-19

O concello de Poio volve acoller, tres anos despois, a tradicional Mostra de Cantería, unha cita emblemática que tanto en 2020 como en 2021 tivo que ser adiada por mor da situación sanitaria derivada da COVID-19. A exposición, composta por máis de 30 pezas elaboradas polas persoas que se forman na Escola de Cantería, será inaugurada o vindeiro venres, día 17 de xuño, a partir das 20.00 horas.

Nesta ocasión, a colección poderase visitar nas dependencias do Centro Cultural Xaime Illa Couto, na parroquia de Raxó. A entrada é de balde. Tal e como lembra o alcalde, Luciano Sobral, esta mostra é unha das actividades que marcan o inicio do verán en Poio e considera que “é un evento importante, xa que serve para difundir o enorme traballo que desenvolve o alumnado da escola ao longo de todo o ano”. A iniciativa impúlsase en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas