Home Pontevedra O Salnés Presentado o maillot que levarán os líderes das Ligas A,B e Feminina...

Presentado o maillot que levarán os líderes das Ligas A,B e Feminina da Liga Galega de Traiñeiras que comeza este sábado en Sanxenxo

- Anuncio -

― O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, valora a importancia das traíñas como “un deporte tradicional, un deporte fundamental que nos gusta a todos”


― En total serán 28 equipos participantes cun total de 616 remeiros e remeiras cun récord de participación feminina: nove equipos e 198 deportistas

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, presentou esta mañá xunto ao presidente da Asociación Liga Noroeste (ALN), Javier Rodríguez, o maillot que levarán os líderes das competicións A, B e feminina da Liga Galega de Traiñeiras (LGT) que bota a andar ete mesmo sábado en Sanxenxo.

Diego Calvo valorou a importancia das traíñas en Galicia, “un deporte tradicional, un deporte fundamental que nos gusta a todos” e amosou o seu desexo de que “moitos espectadores se acheguen esta fin de semana a Sanxenxo así como ao resto de bandeiras que se celebrarán por toda Galicia para compartir o esforzo dos deportistas”.

A I Bandeira Concello de Sanxenxo será a primeira dun total de 34 regatas entre as tres categorías que suman un total de 28 equipos participantes e 616 remeiros e remeiras. A Liga A está conformada por 12 equipos: SD Tirán-Pereira, SD Samertolameu-Oversea, CM Bueu-Teccarsa, CR Cabo de Cruz, CR Mecos, CDM Meira, CR Puebla, CR Rianxo, CCD Cesantes-Rodavigo, CR Narón, CM Mugardos e CR Chapela-Wofco. Por outra banda, na Liga B competirán un total de sete quipos como o CR Muros, CR Salgado-Perillo, CR Cedeira, CR Vila de Cangas, SD Samertolameu-Oversea B, Amegrove CR e CM Castropol.

Cómpre salientar os nove equipos femininos que competirán na LGT, o récord absoluto de equipos femininos na historia da competición, que suman un total de 198 remerias, un terzo do total. Estes equipos serán o CR Cabo da Cruz, CR Chapela-Wofco, CR Salgado-Perillo, SD Tirán Pereira, CRN Riveira, CR Rianxo, CR Puebla, CM Castropol e CM Mugardos- A Cabana Ferrol.

Cómpre salientar que, ao abeiro desta nova edición da LGT 2022, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, concédelle á Asociación Liga Noroeste (ALN) un total de 115.000 euros con motivo da organización da Liga Galega de Traiñeiras masculina e feminina, o que supón un incremento de preto dun 5% con respecto ao exercicio anterior.

Relacionadas

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de...

0
— Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade — A cita, que acollerá conferencias,...

A Xunta apoia o liderado feminino das altas directivas galegas

0
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta mañá na clausura da primeira edición do proxecto Real Impact Women, impulsado polo...

A Xunta avoga por unir sinérxias público-privadas para referendar a posición de Galicia como...

0
José González destacou o proceso de diálogo iniciado esta semana coa patronal e sindicatos, que completará en datas próximas cos interlocutores do traballo autónomo,...

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración continúa co proceso de escoita activa e...

0
O CONSELLEIRO DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN CONTINÚA CO PROCESO DE ESCOITA ACTIVA E REÚNESE COS LÍDERES SINDICAIS DE CCOO E CIG EN GALICIA Nas...

Publicacións Relacionadas