HomeOurensePresentado o Campionato Galego de Kungfu Moderno 2022

Presentado o Campionato Galego de Kungfu Moderno 2022

- Anuncio -spot_img

Finalmente este certame será no anexo do pavillón dos Remedios e participarán 150 deportistas

Esta mañá tivo lugar a presentación do Campionato Galego de Kungfu Moderno que acolle a cidade esta fin de semana no anexo do pavillón dos Remedios.

Na rolda de prensa estiveron presentes o Concelleiro de Deportes, Mario Guede, acompañado de Manuel Pérez, en representación da Xunta de Galicia, Carlos Alonso, Presidentes da Federación Galega de Kungfu, e Aarón Blanco, director do club Artai.

En total participarán 150 deportistas con idades comprendidas entre os 4 e os 40 anos que se agrupan en dúas categorías de equipo – Formas e Combate -, e catro categorías individuais – Formas, Sanda, Qingda e Shuaijiao -.

O concelleiro de Deportes e presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede, sinalou que

O concelleiro de Deportes e presidente do Consello Municipal de Deportes, Mario Guede, sinalou que “este campionato forma parte dos máis de 50 eventos deportivos que desde o CMD programamos durante o mes das Festas do Corpus. Somos conscientes de que o deporte, ademais de saúde, é unha oportunidade perfecta para socializar e gozar da calidade e competitividade dos nosos deportistas. Por iso, convido a todas as persoas a que acudan a presenciar este campionato este sábado, 18 de xuño, a partir das 15:00 h no anexo do Pavillón de Os Remedios”.

Publicacións Relacionadas