Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación reforza a seguridade de peóns e peregrinos que transitan por...

A Deputación reforza a seguridade de peóns e peregrinos que transitan por San Cibrao con novos semáforos e sinais dinámicos

- Anuncio -

O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, e o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, visitaron esta mañá as actuacións executadas para “dar resposta a unha importante demanda veciñal na zona, pero tamén para que os camiñantes da Vía da Prata circulen con máis tranquilidade por este tramo”, afirmou Pérez

O proxecto incluíu a instalacións de sinais luminosos que só deterán o tráfico a demanda dos peóns, con avisos para os condutores ante a presenza de persoas na calzada e maila activación de sinais acústicos só para invidentes

A Deputación de Ourense vén de reforzar a seguridade dos peóns e peregrinos que transitan polo núcleo de Reboredo e o polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa instalación de novos semáforos, a posta en marcha de sinais dinámicos e o repintado da sinalización horizontal. O deputado de Cooperación, Pablo Pérez, o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, e a edil Marta Nóvoa visitaron esta mañá os puntos nos que se executou un proxecto que tiña como obxectivo “dar resposta a unha importante demanda veciñal na zona, pero tamén para que os camiñantes da Vía da Prata poidan circular con máis tranquilidade por este tramo”, afirmou Pablo Pérez.

Cun importe de adxudicación de 65.600 euros, as obras incluíron tres actuacións. Por una parte instaláronse novos semáforos en dous puntos do núcleo de Reboredo -na travesía que da acceso ao polígono industrial-, onde con anterioridade xa existían estes sinais pero que quedaran obsoletos. Co fin de axilizar o tránsito de persoas e vehículos, estes semáforos só deterán o tráfico cando os peóns preman un botón.

Pablo Pérez destacou ademais a incorporación dun novo sistema de axuda ás persoas con discapacidade visual e para a redución do ruído, “de tal xeito que a través dunha aplicación da ONCE só se activa o sinal acústico cando se aproxima unha persoa invidente”.

A segunda actuación centrouse nos pasos de peóns da rúa 3 do polígono industrial, por se tratar dunha ruta de paso para os peregrinos que percorren a Vía da Prata. O proxecto incluíu a instalacións de sinais dinámicos para advertir aos condutores da presenza dunha persoa na calzada. Así, cando un peón se sitúa para atravesar a estrada se porán en funcionamento sinais luminosos intermitentes de cor amarelo.

O alcalde agradeceu esta inversión da Deputación de Ourense: “Unha actuación que vai a mellorar a mobilidade en Reboredo, dando seguridade aos peóns e vehículos. Dende o Concello valoramos moi positivamente esta colaboración na mellora de infraestruturas viarias”.

As obras executadas pola Deputación de Ourense nos tres puntos completáronse co repintando da sinalización horizontal para reforzar a seguridade viaria.

Relacionadas

A Xunta de Goberno aproba a concesión de máis de 250.000 euros para cooperación...

0
A reunión semanal deste órgano aprobou as bases reguladoras da convocatoria de concurso público para a organización de actividades culturais e recreativas correspondentes a...

A Deputación realizará unha actuación de mellora da mobilidade na contorna do mosteiro de...

0
O ámbito de actuación abrangue un tramo de preto de 200 metros da estrada provincial EP-6107 Diz-Bidueiros-Amedo na que se mellorará o pavimento para...

A vicepresidenta Luisa Sánchez remarca o compromiso da Deputación co deporte na presentación do...

0
A vicepresidenta e deputada de Deportes da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe no Porriño na presentación do VIII Challenge As Rías Baixas,...

A Deputación recibe a cifra récord de proxectos para optar aos Premios Provinciais á...

0
A edición deste ano, que repartirá 36.000 € entre as mellores iniciativas, inclúe once categorías de galardóns para recoñecer o talento de mozos da...

Luis López participa en Madrid nunha reunión de traballo da Red Española de Ciudades...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar nesta mañá de luns en Madrid nunha reunión de traballo da Red Española...

A Deputación colabora co Concello de Baiona na posta en marcha dun novo proxecto...

0
O novo programa céntrase en converter os restos orgánicos dun centro de día local en compost de alta calidade que se empregará para cultivar...

Publicacións Relacionadas