HomeTabeirósA EstradaOs campamentos de verán do Concello da Estrada contarán este ano con...

Os campamentos de verán do Concello da Estrada contarán este ano con 182 menores inscritos

- Anuncio -spot_img

o A edil de Benestar Social, Amalia Goldar, destaca o “aumento significativo” do interese das familias neste recurso para facilitar a conciliación, especialmente no eido rural

O Concello da Estrada vén de admitir 182 solicitudes para participar nos campamentos municipais de verán, que terán lugar dende o 1 de xullo ata o 7 de setembro. Esta cifra supón un incremento de 12 nenos e nenas con respecto ao 2021.

A edil de Benestar Social, Amalia Goldar, valora positivamente este “aumento significativo” do interese das familias polos campamentos de verán do Concello da Estrada que se vén dando nos últimos anos, especialmente no eido rural, onde “cada ano aumenta a participación” destacando o caso do CEIP Manuel Villar Paramá, en Vea, onde se incrementou en 18 persoas o número de inscritos en xullo con respecto ao mesmo período do ano anterior.

Concretamente, no CEIP de Oca inscribíronse 19 nenos/as e celebrarase o campamento durante todo o mes de xullo; o CEIP do Foxo acollerá o campamento dende o 1 de xullo ao 7 de setembro, no que participarán 44 menores; no CEIP Cabada Vázquez, con 28 inscritos, celebrarase todo o mes de xullo e mais o de agosto; e no CEIP Manuel Villar Paramá, haberá 34 nenos/as no campamento que se celebrará todo o mes de xullo. O CEIP Pérez Viondi concentrará este ano 61 menores do casco urbano dende o 1 de xullo ata o 7 de setembro.

Aqueles/as menores anotados nas quendas nas que non se celebrará o campamento por non acadar un mínimo de dez inscritos terán a oportunidade de reubicarse noutras quincenas que dispoñan de prazas libres.

A partir de mañá, os pais, nais ou titores dos menores anotados poderán recoller no Departamento de Servizos Sociais a carta de pago en horario de 9.00 a 14.00 horas. O prazo para realizar o pagamento será dende o 20 ata o 29 de xuño.

Publicacións Relacionadas