HomePontevedraIntervención de Miguel Anxo Fernández Lores na rolda de prensa na que...

Intervención de Miguel Anxo Fernández Lores na rolda de prensa na que anunciou a súa intención de presentarse á reelección en 2023

- Anuncio -spot_img

Bo día a todas e todos, grazas de todo corazón por vir e estar aquí. Convoqueivos hoxe aquí para resolver unha dúbida que me formulastes algúns de vós e moitas persoas pola rúa, convoqueivos para anunciar que tomei a decisión de presntarme ás vindeiras municipais de 2023 cun proxecto a medio prazo.

Tanto desde o punto de vista físico, como do anímico e familiar síntome ben, diría que máis que ben. E dende o punto de vista político podo asegurar sen ningunha dúbida que me atopo no mellor momento dende que son Alcalde de Pontevedra.

Como unha cidade marabillosa, na que as veciñas e veciños de Pontevedra responden aos retos colectivos máis avanzados como ningunha outra cidade, cando menos das que eu coñezo.

Pontevedra é capaz de lograr metas que outras cidades do mundo a duras penas imaxinan. Pontevedra é unha cidade enorme de ilusión, de ambicións colectivas. Pontevedra é un exemplo de veciñas e veciños esixentes, pero con paixón por mellorar, por avanzar.

Está a ser un mandato difícil e duro, pero á vez moi ilusionante, diría que apaixonante.

É un mandato difícil pola COVID, polo enorme sufrimento da sociedade dende o punto de vista sanitario, social, económico e psicolóxico. Por se non chegara de sufrimento, xuntouse co sufrimento que trouxo a tremenda inflación.

Está a ser un mandato duro pola ofensiva das forzas escuras, de Pontevedra e fóra de Pontevedra, contra os avances de Pontevedra especialmente nos ámbitos ambiental e de modelo de cidade.

Pero este mandato está a ser ilusionante, pola cantidade de proxectos de futuro que se botaron a andar. Non vou facer un relatorio de todos eses proxectos, pero permitídeme que faga unha referencia especial a Santa Clara, unha inmensa ilusión compartida por toda Pontevedra.

Cada un é como é, e eu son como son. Na miña vida tiven que superar moitas dificultades. Pero as dificultades sempre me motivaron, sempre me fixeron dar o mellor de min.

Resolver os problemas do día a día danme unha grande satisfacción, pero poñer en marcha proxectos avanzados de futuro xérame ilusión, unha enorme ilusión.

Publicacións Relacionadas