Home Pontevedra O Salnés BNG levará a pleno unha moción para o mantemento da Vía de...

BNG levará a pleno unha moción para o mantemento da Vía de Música e Artes Escénicas dentro da modalidade de Bacharelato de Artes que se oferta no IES O Carril

- Anuncio -

A semana pasada membros do BNG local reuníronse coa Dirección do IES O Carril para coñecer de primeira man a problemática que se presentaría o vindeiro curso académico de prosperar a intención da consellería de Educación de non autorizar a impartición da Vía de Música e Artes Escénicas, dentro da modalidade de Bacharelato de Artes, que se oferta no IES O Carril.

Cabe dicir que esta vía, da que o IES O Carril foi precursor en toda a área do Salnés-Barbanza, vén de ser recuperada para as ensinanzas de Bacharelato pola LOMLOE. Materias propias desta vía – malia ter sido eliminada na anterior lei de educación, LOMCE- foron impartidas no centro ao longo destes últimos anos, de xeito continuado, como materias optativas.

Non se entende, en consecuencia, que se poñan obstáculos a un centro que conta co profesorado, experiencia, horarios e unha enorme demanda dese itinerario dentro do Bacharelato Artístico, propiciada pola tradición musical de Vilagarcía e toda a súa área de influencia: conservatorios, escolas de música, grupos de música e danza tradicionais, corais, etc.

E por iso, o BNG, por medio do seu voceiro Xosé Lois Leirós Gude, someterá á aprobación do Pleno do concello unha moción no sentido de instar á Consellería de Educación a que autorice a impartición da Vía de Música e Artes Escénicas no IES O Carril no curso 2022-23 e posteriores.

Relacionadas

A Deputación abre en xuño as portas do recinto conventual de Santa Clara para...

0
Terán lugar o venres 7 de xuño ás 18:00 horas e os días 8, 15, 16, 22 e 23 de xuño ás 11:00 horas....

A Deputación de Pontevedra mantén aberto ata o próximo luns 6 de maio as...

0
Esta liña de subvencións está dotada con 200.000 euros e permitirá que as entidades locais creen ou ben manteñan e reforcen os servizos de...

O Salinas Club de Lectura pecha unha apretada axenda de escritores ata Nadal

0
Tralo éxito da xornada inaugural, as persoas lectoras están citadas para o 21 de maio con “O mar que nos leva”, de Moncha Fuentes César...

A Deputación aconsella extremar a vixilancia das viñas ante o mildio e o black...

0
Areeiro recomenda tratar tamén ante o mildio as patacas e plantas de horta xa que as choivas estes días e a subida de temperaturas...

Máis de 12.500 pinchos vendidos durante a I Edición de Pinchoterra

0
A ruta que contaba con 26 locais participantes superou cada venres o número depinchos elaborados reforzando o seu servizo debido a demanda do público. A...

O concello de Nigrán obtén a licencia para a creación dun ‘Bosque-Escola’ no CEIP...

0
O obxectivo é licitar ambos proxectos nas vindeiras semanas para emprender as obras durante o verán. Ambos foron deseñados polo arquitecto ideólogo do 'Sistema...

Publicacións Relacionadas