Home A Coruña Cerceda acolle a clausura do programa mediambiental Ecovoz

Cerceda acolle a clausura do programa mediambiental Ecovoz

- Anuncio -

• O alcalde de Cerceda puxo énfase en dúas palabras no seu discurso dirixido aos escolares: equilibrio e sustentabilidade.

O Concello de Cerceda acolleu hoxe a clausura da XXXIII edición do programa medioambiental Ecovoz no Acuapark do polígono do Acevedo. O espazo de lecer albergou a festa de clausura deste curso á que asistiron moitos dos centros educativos de toda Galicia que participaron nos diferentes concursos celebrados no marco do programa.

O acto estivo presidido polo alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o presidente da Sociedade Galega do Medioambiente (Sogama), Javier Domínguez Lino.

O alcalde de Cerceda puxo énfase en dúas palabras no seu discurso dirixido aos escolares: equilibrio e sustentabilidade. “A Sustentabilidade é moi para nós, e Sogama é un claro exemplo do que representa esta palabra. “Lembro que hai moitos anos houbo unha situación de vertedoiros incontrolados e Sogama puxo fin a esta situación xestionando estes residuos e converténdoos nun recurso. Pero tamén é importante o equilibrio. Vedes aquí un paseo fluvial, un xardín botánico e este parque acuático preto dun polígono industrial e evidentemente o polígono ten que ser respectuoso con esta contorna. Pero grazas ás actividades económicas que xera o parque industrial podemos manter estes espazos verdes e desfrutar deles. Grazas a Sogama, a todos os alumnos e alumnas participantes e a La Voz de Galicia por manter este importante programa que fai unha sociedade mellor”.

O CPR La Encarnación, de Caldas, recibiu o premio como gañador do Ecopreguntoiro, un certame no que grupos de rapaces de sexto de primaria se enfrontan en diferentes rondas respondendo cuestións relacionadas co medio natural. O CPR La Merced, de Sarria, recibiu o segundo premio. Durante a xornada entregáronse tamén os premios tanto do Ecopreguntoiro como do Ecoconsello aos centrosCEIP Albeiros de Lugo, CPR La Merced de Sarria); e do Ecovaledor, un recoñecemento a unha persoa que teña traballado polo medio ambiente. Neste caso, a homenxeada foi Theresa Zabell, presidenta da Fundación Ecomar

Relacionadas

Último aviso para apuntarse no xantar da comisión de festas de Santa Isabel

0
A comida a prol dos festexos terá lugar o sábado no patio cuberto do CPI de San Sadurniño A comisión de festas de Santa Isabel...

VIII Xornadas Saludables no Concello de Ribeira

0
O tenente de alcalde Vicente Mariño presentou hoxe as VIII Xornadas Saludables organizadas pola concellería de Servizos Sociais que se desenvolverán no Centro Cultural...

Aprobadas polo pleno as modificacións das ordenanzas reguladdoras do Programa de Conciliación Harmoniza

0
Mantéñense as bonificacións de ata o 50 % nas tarifas xerais de acordo a circunstancias socio-familiares e económicas. Na sesión extraordinaria do Pleno celebrada hoxe...

Máis de cenlaracheses participaron na excursión ao Barco de Valdeorras que organizou o concello

0
Visitaron durante a xornada de onte os xardíns de Viloira, o malecón do río Sil, o Santuario das Ermidas e unha bodega de elaboración...

Feiraco celebra o Día das Letras Galegas cunha nova edición do Certame de Microrrelatos

0
O director xeral de CLUN e o secretario xeral da Lingua da Xunta presentaron esta edición na librería compostelá Follas Novas A presentación correu a...

Volven as Festas da Ascensión do 8 ao 12 de maio cun completo programa...

0
As festas de toda a veciñanza de Compostela arrancarán o vindeiro mércores 8 de maio e estenderase ata o domingo 12, cun programa repleto...

Publicacións Relacionadas