HomePontevedraDesfile da Coca, Danza das Espadas e das Penlas e música, centran...

Desfile da Coca, Danza das Espadas e das Penlas e música, centran o programa da Festa da Coca para esta fin de semana

- Anuncio -spot_img

Na noite do sábado, as rúas de Vilavella comezarán a elaboración das alfombras florais, logo dos tapices florais confeccionados o pasado xoves no casco urbano de Redondela.

Redondela continua vivindo, nesta fin de semana, a máis tradicional das súas celebracións, a Festa da Coca, e o fai cun programa no que a tradición ocupa un lugar de honra co Desfile da Coca e Danza das Espadas e as Penlas e a confección das tradicionais alfombras de flores nas rúas de Vilavella que, dalgún xeito, dan continuidade á elaboración dos tapices florais que, o xoves 16 de xuño, adobiaban as rúas do casco urbano redondelá.

Amais da tradición, o programa da Festa da Coca 2022 ten á música –nas máis variadas formas– como protagonista comezando polos concertos que esta mesma noite do venres 17 de xuño, ofrecerán o grupo local Chaleco Reflectante –21:30 horas– e Dakidarría –22:45 horas–, ámbolos dous no Campo da Feira.

O programa do sábado ábrese coa alborada da Banda de Musica de Arcade (11 horas), agrupación musical que ofrecerá posteriormente un concerto na Alameda Castelao ás 22 horas.

Ás 19:30 horas, as e os máis pequenos tamén terán un concerto infantil a cargo de Banda de Verán ás 19:30 horas na Praza da Constitución.

Xa ás 22 horas, serán Los Secretos os que volvan ao escenario no Campo da Feira nun concerto que dará comezo ás 22 horas. Finalmente, a Orquestra Ritmo Joven será a encargada de poñer punto e final ao programa do sábado coa actuación que ofrecerán ás 22:45 horas no Campo da Feira.

Pero a Festa da Coca cheira a flores, o facía na noite do mércores ao xoves e o fará na do sábado ao domingo, xa que na noite do sábado 18 de xuño comezará a confección das tradicionais alfombras florais nas rúas de Vilavella.

O domingo 19 de xuño, último día das festas, será unha xornada ben cargada de actividades comezando pola alborada a cargo da Banda de Música de Chapela (11 horas) quen ofrecerá posteriormente un concerto na Alameda Castelao ás 18 horas.

As 12 horas, dará comezo o Desfile da Coca cos Mordomos e Diañiños acompañada por Xigantes e Cabezudos ao son do grupo de gaitas O Carballo das Cen Polas.

As 12 horas, oficiarase a Misa na Igrexa de Vilavella para, unha vez rematada, saír a procesión que percorrerá as rúas decoradas con tapices florais acompañada pola Danza das Espadas, das Penlas e a Banda de Música de Chapela.

Posteriormente, na Praza de Ribadavia, terá lugar o baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas.

Ás 18 horas, na pista de patinaxe da Xunqueira, terá lugar a actividade Patina na Rúa. Finalmente, o concerto de El Combo dominicano ás 22 horas no Campo da Feira, será o que peche o programa das Festas da Coca 2022.

Publicacións Relacionadas