Home O Salnés Cambados Palmeiras do paseo da Calzada

Palmeiras do paseo da Calzada

- Anuncio -

O Consello Local do BNG discrepa do modo no que o Goberno local está a xestionar a praga do picudo nas palmeiras que forman parte do parque arborístico do concello. Nun primeiro momento, o Goberno afirmou que ía deixar morrer as palmeiras do Paseo das Palmeiras, anexo á Calzada, polo elevado custo de mantemento. Agora anuncia a súa sustitución por outro tipo de palmeiras.

Ante iso, debemos manifestar o seguinte:
1) A variedade que queren implementar, a Washingtoniana, non se parece en nada ás palmeiras canarias do paseo de Cambados. É unha palmeira longa e estreita, que se asocia a rexións como California. Vai a mudar por completo a fachada costeira cambadesa e, como non dá sombra, o parque perderá a súa función de espazo de refresco os días de calor, e de freno do vento cando hai mal tempo.

2) Esa variedade tamén é susceptible de ser polinizada polo picudo, co que non solucionan o problema de fondo.

3) Os expertos consideran que a praga do picudo está remitindo. Nalgunhas partes do Estado xa foi eliminada. E, cada vez máis, parece que se están illando e controlando os focos. Estamos en fase descendente, e non é descabelado ver pronto a súa fin.

4) O Goberno local alega que o custo de manter o Paseo das Palmeiras é de 14.000,00 € máis IVE. Pero iso non é certo. Esa contía é polo tratamento de todas as palmeiras municipais, non só as dese parque; inclúe tamén as da Biblioteca Municipal, as da Praza do Concello, as da Praza de Alfredo Brañas, e as do Pazo de Torrado. E, de todas esas, había catro perxudicadas no parque, e a da Praza do Concello. O tratamento do picudo é inócuo para o medio ambiente, co que tampouco hai motivos ambientais parar opoñerse a que se continúe dando. A decisión é, desde o punto de vista económico, un completo disparate.

5) O custo de cada palmeira ronda os 3.000 €. E, por retirada de cada unha, sobre 600 €. O Goberno acaba de anunciar que comprou quince palmeiras por 14.700 €. Esa cifra é difícil de crer, e parece que omiten os gastos de retirada.

6) Pero, inda así, tampouco se recuperaría o estadio previo. Cambados conta con dúas palmeiras excepcionais, difícilmente atopables, e que merecerían ser protexidas como parte do noso patrimonio natural; unha de oito, e outra de once cabezas. Son árbores peculiares que singularizan o palmeiral cambadés fronte a outros, e que merecen ser conservadas.

7) Por último, e ao marxe do económico, histórico, ou pragmático, está o valor paisaxístico e sentimental. As palmeiras forman parte da vila de Cambados dende hai medio século, e están ligadas a recordos, anécdotas, e vivencias de milleiros de cambadeses ao longo das últimas décadas. Ao marxe do valor natural, económico, ou histórico, só por elo merecen respeto e coidado.

Relacionadas

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Luis López enxalza os cinco festivais Rías Baixas Fest: “Resumen todo o que é...

0
O presidente provincial, xunto coa deputada de Turismo, Nava Castro, participa en San Vicente na presentación dos festivais Portamérica, Atlantic Fest, Sin Sal, SonRías...

Publicacións Relacionadas