A Aguia Harris volverá a cidade para disuadir a presenza destes animais e reducir molestias á cidadanía
O Concello de Ourense iniciará a semana próxima unha nova campaña de control da poboación de estorniños. Logo da boa experiencia dos dous anos anteriores, o Concello volve encargarlle esta iniciativa á empresa especializada que a levou a cabo con moi bos resultados e conseguiu reducir substancialmente a presencia destes animais na cidade e, en consecuencia, as molestias que ocasionan á poboación.
Así, a popular Aguia Harris volverá un ano máis a Ourense a partir da semana próxima, iniciando unha campaña que se estenderá até o mes de marzo de 2023, percorrendo de forma itinerante diferentes zonas da cidade onde a presencia de estorniños lle ocasiona molestias á veciñanza.
Na súa primeira edición, en 2019, esta campaña permitiu reducir en máis dun 90% a presenza de estorniños en Ourense. A cidade chegara a reunir máis de 35.000 exemplares e a presenza da aguia e a súa acción disuasoria, fixo que migrasen a outros emprazamentos, de xeito que a presenza reduciuse a 700 exemplares, poñendo fin a un problema que afectaba á cidade desde hai máis de 10 anos. Técnicos municipais estiman que na actualidade existe unha poboación permanente de 500 estorniños en Ourense, coa particularidade de que a día de hoxe son na súa práctica totalidade animais autóctonos, e tamén outros que veñen migrando procedentes doutras zonas.