HomeVigoO PorriñoO Porriño despide o curso escolar cunha gran festa

O Porriño despide o curso escolar cunha gran festa

- Anuncio -spot_img

• Será o xoves, 23 de xuño, a partir das 17 h na praza Arquitecto Antonio Palacios

Esta semana chegan as vacacións escolares e o Concello do Porriño quere celebralo cunha festa do máis divertido da que poderán disfrutar todos os nenos e nenas do Porriño.

O vindeiro xoves, 23 de xuño, a praza Arquitecto Antonio Palacios será escenario dunha tarde de reencontros e xogos coa que despedir xuntos o curso. A partir das 17 h un DJ animará a festa na que haberá un gran tobogán de auga e festa da escuma.

Publicacións Relacionadas