HomePontevedraO concello finaliza a humanización da rua cabadiña en Arcade

O concello finaliza a humanización da rua cabadiña en Arcade

- Anuncio -spot_img
  • Instaláronse máis de 250 metros cadrados de beirarrúa e mellorouse a capa de rodadura e a iluminación pública
  • O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de humanización na rúa Cabadiña de Arcade. Unha mellora coa que o goberno local quere mellorar a seguridade viaria das decenas de veciños que residen nesta rúa e dos centos de usuarios que utilizan esta vía para acceder ao centro de Arcade. Os traballos contaron cun orzamento de 39.000 euros.
  • Así, os traballos centráronse inicialmente en instalar un total de 256 metros cadrados de nova beirarrúa substituíndo aos tramos descontinuos que había ata o momento, e que supoñían unha molestia de accesibilidade aos veciños con mobilidade reducida ao non contar con pasos de peóns a nivel.
  • Do mesmo xeito, mellorouse a iluminación pública coa instalación de 9 novos farois de tecnoloxía LED de baixo consumo. Por último, completouse a renovación da capa de rodadura coa aplicación de novo asfalto, o pintado de todas as marcas viarias e a instalación de dous redutores de velocidade como parte do plan de mellora de seguridade viaria municipal.
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, destacou que os traballos de humanización “permitirán que os veciños poidan camiñar e pasear con total seguridade e accesibilidade. Moitos acceden por esta vía ao parque canino coas súas mascotas e pola seguridade de todos é necesario que conten cunha plataforma separada do tráfico”, finalizou o rexedor.

Publicacións Relacionadas