Home Xunta de Galicia Rueda salienta que as 166 Bandeiras Azuis de Galicia son un premio...

Rueda salienta que as 166 Bandeiras Azuis de Galicia son un premio ao compromiso da comunidade co seu patrimonio natural e un recoñecemento á súa aposta polo turismo sustentable

- Anuncio -

 Incide en que ondearán en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros, e son 11 máis que o ano anterior


 Indica que volve a situar á Comunidade como unha referencia en España, xa que 1 de cada 5 bandeiras azuis do país pendurarán no noso territorio


 Sinala que Galicia recibiu no primeiro cuadrimestre 1 millón de turistas e segue a velocidade de récord co Camiño de Santiago con máis de 132.000 compostelas entregadas

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe que as 166 bandeiras azuis de Galicia son un premio ao compromiso da Comunidade co seu patrimonio natural e un recoñecemento á súa aposta polo turismo sustentable e de calidade. Fíxoo durante o acto de entrega destes distintivos que ondearán en 112 areais, 11 portos deportivos, 14 centros e 29 sendeiros. “Son 11 estandartes máis que o ano anterior”, dixo.

A ese respecto, Rueda sinalou que Galicia pode sentirse orgullosa de que en relación a criterios de calidade de auga, seguridade, xestión ou información, a Asociación de Educación Ambiental volvera a situar á Comunidade como unha referencia en España, como demostra o feito de que 1 de cada 5 bandeiras azuis do país pendurarán no noso territorio.

Nese sentido, agradeceu a visitantes, veciños, axentes con incidencia no mar e concellos a súa contribución para acadar este novo éxito ambiental. “Non é fácil xestionar cada ano un aluvión de visitantes co rigor e a calidade da que facedes gala”, engadiu.

Logo de facer fincapé en que estas novas 11 bandeiras son 11 novos espaldarazos para lograr que este Xacobeo dobre sexa inesquecible, o presidente da Xunta fixo balance dos datos turísticos do primeiro cuadrimestre. Neste sentido, destacou que Galicia recibiu 1 millón de turistas, o que supuxo triplicar as cifras do mesmo período do 2021. Ademais, comezou a recuperar o turismo internacional e segue a velocidade de récord co Camiño de Santiago, con máis de 132.000 compostelas entregadas. “Galicia satisfai os desexos de natureza, Galicia ofrece termalismo, Galicia respira historia e Galicia é calidade”, aseverou.

Segundo o titular do Goberno galego, recoñecementos como estes, reflexan que Galicia sabe xestionar o seu, desde o rigor e a sustentabilidade. E, ao fío disto, volveu reclamar poder facelo tamén no tocante á xestión do litoral, unha petición que xa se concedeu a outras comunidades como Andalucía ou Cataluña. “Galicia é a primeira interesada en preservar a súa costa”, abundou.

Por último, pediu sentidiño e responsabilidade aos galegos e galegas na noite de San Xoán para que as praias á mañá seguinte luzan fermosas e libres de residuos.

Relacionadas

A Xunta apoia o achegamento dos máis pequenos ao oficio da xoiería mediante o...

0
— O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Joaquín Macho, asistiu hoxe á cerimonia de entrega de premios deste concurso...

A Xunta felicita ao grupo ‘Las Rías’ polos seus 50 anos como referente do...

0
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe no acto conmemorativo celebrado en Vigo por este grupo empresarial, do que...

A Xunta destaca na Festa do Champiñón o potencial agrogandeiro da Comarca de Ordes

0
O conselleiro de Presidencia, Xustiza de Deportes, Diego Calvo, percorreu esta mañá acompañado do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo o recinto da...

Belén do Campo destaca que o irmandamento entre as asociacións do Centro Asturiano e...

0
— A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no irmandamento entre ambas entidades que tivo lugar no Sporting Club Casino...

Portos de Galicia exime do pago de taxas ao concello de Camariñas polo Museo...

0
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de aprobar a exención ao Concello de Camariñas do pago do 100% da...

Román Rodríguez comprométese a reforzar o apoio da Xunta á mellora das competencias lingüísticas...

0
— Lembra que a Xunta ten en marcha un amplo programa de estadías lingüísticas con preto de 2.500 prazas en primavera, outono e verán...

Publicacións Relacionadas