HomePontevedraO CondadoNos imos de aventura acuática!!!

Nos imos de aventura acuática!!!

- Anuncio -spot_img

O Concello de Salvaterra de Miño organiza unha excursión ao Natur waterpark de Portugal, o vindeiro 23 de xullo.

Logo destes últimos anos estragados pola Pandemia, a recente saída ao Parque Warner de Madrid foi un absoluto éxito, polo que o Concello quere volver a saír coas persoas que o desexen, pero esta vez a un parque acuático máis propio do verán.

É unha oportunidade para viaxar en familia e/ou con amig@s, na que a diversión e as risas “fresquiñas” están aseguradas.

O prezo da actividade vai dende 35 aos 40€, sendo de balde para os menores de dous anos, no que se inclúe:

  • Autobús
  • Entrada ao parque
  • Seguro de viaxe
  • Guía acompañante

A comida non está inlcuída, pero se pode levar picnic (non están permitidos os envases de cristal).

Anotádevos na dirección de correo deportes@concellodesalvaterra.org ou no teléfono 661 046 592(vía whatsapp).

Inscricións ata o 15 de Xullo

Publicacións Relacionadas