Home O Salnés Meis O BNG pide arranxo urxente dun camiño orzamentado nos presupostos do 2021...

O BNG pide arranxo urxente dun camiño orzamentado nos presupostos do 2021 no lugar do Noval en Lantañón

- Anuncio -

Na parroquia de Paradela, concretamente no lugar O Noval en Lantañón, hai un camiño que da acceso a varias vivendas que precisa dunha intervención urxente, trátase dun camiño asfaltado que debería dar paso a vehículos, pero que se atopa en moi mal estado, e no que existe un desnivel importante que xera perigo e que pode acabar dando lugar a un accidente. Ademais xa non é a primeira vez que unha ambulancia ten que acudir á vivenda sendo imposible que esta acceda por ese camiño, o que implica un traslado da persoa até a ambulancia ou dos sanitarios até a vivenda que complica moito a situación.
Estes veciños expuxeron o seu problema desde o inicio do presente mandato, e chegouse a orzamentar a devandita intervención e arranxo do camiño nos orzamentos do 2021, así se lles transmitiu aos veciños e ademais foi unha das demandas que o BNG expuxo concretamente para que se contemplasen nos orzamentos, sendo admitido e incluído finalmente nos orzamentos polo equipo de goberno.
No en tanto, transcorrido moito tempo desde que as obras foron orzamentadas, estas non foron executadas nin se fixo a máis mínima xestión tendente á súa realización.
Por estas razóns o BNG pide que se inicien de forma inmediata todas as xestións necesarias tendentes á mellora do camiño de acceso ás vivendas do lugar do Noval de Lantañón na parroquia de Paradela.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas