Home Ourense O Carballiño O Grupo Popular do concello do Carballiño esixe explicacións sobre a indemnización...

O Grupo Popular do concello do Carballiño esixe explicacións sobre a indemnización que o concello debe pargar a un traballador do conservatoria

- Anuncio -

O pasado 26 de maio o Alcalde do Carballiño firmou un decreto no que acorda a inmediata readmisión de un traballador do conservatorio, ordenando tamén o abono dos salarios deixados de percibir polo traballador desde o día 01/09/2021 ata o día 01/06/2022 e unha indemnización por dano moral de 6.000 euros.

De acordo co citado decreto a readmisión do traballador e o pago das anteriores cantidades debese a que o Concello resultou condenado pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en sentencia de fecha 19/04/2022, ao considerar que o despido do traballador fíxose con violación dos seus dereitos fundamentais.

Máis concretamente, o Tribunal considera que o traballador foi despedido por acudir ao xulgado para reclamar a súa condición de persoal indefinido non fixo e ademais que, sendo o primeiro da lista da bolsa de emprego de traballadores temporais non foi contratado para o curso 21/22.

Está decisión do concello do Carballiño, vulnerando os dereitos dos seus traballadores, suponlle o pago de preto de 17.000 euros que se aforrarían si se cumprira a lei.

O mais triste da cuestión e que no pasado pleno, celebrado o día…. déuselle a oportunidade ao equipo de goberno de explicarlle aos veciños cales eran as razóns que os levaran a despedir a este traballador, e a pesar da insistencia do noso grupo, decidiron non dalas.

A realidade e que a día de hoxe calquera pode ter acceso a Sentencia que ditou o Tribunal Superior de Xustiza, polo que non parece moi boa idea negar esa información aos grupos municipais e, en definitiva, os veciños do Carballiño.

A lectura da sentencia non deixa lugar a dúbida: o concello despediu a un traballador porque acudiu ao Xulgado reclamando o que consideraba era o seu dereito. En non conforme con elo, decidiu contratar a outra persoa para o curso seguinte, a pesares de que o despedido era o primeiro da bolsa de emprego que fixo o propio concello. E a consecuencia non pode ser mais clara: o concello debe aboar ao traballador preto de 17.000 euros.

O que non explica nin pode explicar a Sentencia e quen e o responsable político deste desastre, se o Alcalde ou o concelleiro delegado de persoal, D. Manuel Sotelo. E tampouco nos aclara a sentencia si desde o Concello se actuou da mesma forma con outros traballadores, e polo tanto imos atopar proximamente sentencias iguales a esta, coas graves consecuencias económicas que traen.

Compre xa que o grupo de goberno se deixe xa de tratar de ocultar información que un día ou outro vai saír a luz pública, e explique aos veciños que foi o que pasou neste caso, quen é o responsable e se esperan que siga ocorrendo nas próximas fechas.

Relacionadas

Luis Menor felicita ao Bispado de Ourense e Castro Caldelas pola exposición que amosa...

0
O presidente provincial, o bispo da Diócese de Ourense e a alcaldesa de Castro Caldelas expresaron a enorme importancia que terá para a vila...

A Deputación renova o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo co recoñecemento á traxectoria...

0
Coincidindo co Día da Liberdade de Prensa, a institución provincial avanza os detalles da XXXIII edición dun premio instaurado como homenaxe e lembranza do...

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

Publicacións Relacionadas