Home Pontevedra Máis de 250 familias acceden á auga potable a través do proxecto...

Máis de 250 familias acceden á auga potable a través do proxecto apoiado en Guinea-Bissau

- Anuncio -

O Fondo Galego de Cooperación financiou con 10.000 euros a construción dun pozo na incomunicada illa de Pecixe en colaboración coa Rexión de Cacheu

Máis de 250 familias da comunidade de Cassaca, en Guinea-Bissau, dispoñen de acceso á auga potable tras a construción dun pozo e dúas fontes a través dun proxecto financiado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, co goberno rexional de Cacheu como parceiro en terreo. A asociación de concellos e deputacións destinou 10.015 euros a esta actuación, que beneficiará aos 3.207 habitantes da illa de Pecixe, onde a poboación vive na extrema pobreza e practicamente illada, dada a falta de comunicacións co continente, polo que carece dos servizos máis básicos.

A infraestrutura, que conta cun depósito de 4.000 litros e unha motobomba alimentada por paneis solares, suporá unha mellora especialmente para as mulleres e nenas, que investían tempo e esforzo en ir buscar auga ao único reservorio natural que existía en Cassaca. Ademais, gran parte dos problemas de saúde da comunidade están vinculados á insalubridade da auga e aos baixos niveis de hixiene derivados da súa escaseza. Do mesmo xeito, agora minguarán os conflitos con animais domésticos e salvaxes que beben tamén da lagoa, evitando o risco que supuña para as persoas e facilitando a sustentabilidade da fauna e flora da zona.

As obras complementáronse con análises para comprobar a calidade da auga e mais accións para sensibilizar sobre hábitos hixiénicos e sobre o correcto emprego deste recurso. Destaca a implicación da poboación local en todo o proceso, mesmo colaborando para suplir as dificultades no transporte de persoal e materiais, especialmente na época de chuvias. De feito, o Comité de Desenvolvimento Local acompañou a execución das distintas actividades e facilitou toda a información necesaria ao equipo do proxecto, ao cal tamén deron seguimento os consellos consultivos da sociedade civil e as incipientes estruturas de goberno local. Por último, elaborouse de maneira conxunta un plan de xestión do pozo e creouse un comité para levalo á práctica, de maneira que se garante a sustentabilidade da iniciativa.

A auga está recoñecida como dereito humano, de xeito que “toda persoa ten dereito a dispoñer de auga suficiente, salubre, aceptable, accesible e asequible para o uso persoal e doméstico”. Ademais, a Axenda 2030 recolle como ODS 6 “garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para toda a poboación”.

O Fondo Galego
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 100 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur Global e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, o Fondo Galego chega ao seu 25 aniversario tendo desenvolvido máis de 170 proxectos en 32 países e promovendo numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur e a Axenda 2030.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas