Home Ourense Os concertos de Taburete e David Otero en Pardo de Cela e...

Os concertos de Taburete e David Otero en Pardo de Cela e os espectáculos de maxia nas Mercedes e Parque do Barbaña, citas destacadas para mañá nas Festas de Ourense 2022

- Anuncio -

As Festas de Ourense 2022 chegarán mañá, venres, 24 de xuño, á súa terceira xornada, con dúas citas destacadas. Por unha banda, os concertos que ofrecerán David Otero, ás 22:00 horas, e Taburete, ás 23:00 horas, na rúa Pardo de Cela. Ambos son gratuítos, sen necesidade de entrada, aínda que o público que o prefira poderá seguir o espectáculo desde unha Zona Fan, a un prezo de 5 euros (entradas a través de ataquilla). A maxia será tamén protagonista da xornada, con dúas citas principais: Maxia infantil, de 17 a 20 horas na Praza das Mercedes e o espectáculo Cirkalgia, Gran gala de circo e maxia: Ourense é maxia, para todas as idades ás 21horas, no Parque do Barbaña.

Taburete en directo

Logo de 6 anos de exitosa traxectoria, con 4 álbumes publicados, unha chea de éxitos e concertos por todo o mundo, Taburete chega a Ourense coa súa xira “Caminito a Matadero” na que presenta un novo espectáculo, escenografía e repertorio que repasa toda a carreira do grupo madrileño, as cancións máis populares dos seus discos: Tres tequilas, Dr Charas, Madame Ayahuasca e La broma infinita, e avanza os singles do seu seguinte traballo, “Matadero5”. O grupo que formaran Willy Bárcenas e Antón Carreño visita as Festas de Ourense en plena forma, dentro dunha ruta por toda España na que está a acadar un rotundo éxito de público. O ambiente festivo seguirá sendo a pedra angular do seu concerto en Ourense.

Mais Taburete non será o único atractivo da noite xa que, no mesmo escenario, ás 22:00 horas, actuará o David Otero. Cantante, guitarrista e compositor español, a súa prolífica carreira comezou en xuño de 2000, coa publicación do álbum homónimo do seu primeiro grupo El Canto del Loco. Desde entón, David non deixou de reconverterse, evolucionar, medrar, sempre coa frescura e eclecticimos no son que o caracteriza. As guitarras rockeiras, marca da casa nunca lle abandonaron, pero si soubo combinalas cuns sons máis maduros e elaborados que foron emerxendo conforme David crecía e evolucionaba. Con máis de 50 temas publicados logo da disolución de El Canto del Loco e sendo co-autor de todos os éxitos do grupo, David revisa nesta xura algúns dos temas máis populares da súa traxectoria

Orquestra Capitol, ás 20:00h, na rúa do Progreso

A terceira cita destacada das festas para mañá será ás 20:00 horas, na rúa do Progreso, á altura da Alameda, coa actuación de Capitol, unha orquestra con máis de 30 anos de historia, nacida en Santiago de Compostela no ano 1986, cunha exitosa e prolongada traxectoria pola que é recoñecida como garantía de boa música e baile.

Cirkalgia: Maxia en estado puro

A maxia será tamén protagonista da xornada. De 17 a 20 horas, na Praza das Mercedes está programado o espectáculo de maxia infantil “O lado oculto da mente” e a scape room “Houdini experience”, con pases cada 45 minutos.

Mais as citas coa maxia e o circo inclúen tamén para mañá o espectáculo Cirkalgia, ás 21:00 horas, no Parque do Barbaña, con Dani Danielo e Ursula Rosma. Un espectáculo innovador, onde se dan a man a ilusión dos xogos de maxia co asombro da danza aérea e o baile, a maxia fundida co circo: os exercicios máis vistosos do circo contemporáneo (teas, aro) fusiónanse coa espectacularidade da maxia visual, xogando con lume e elementos máxicos de alto impacto visual. O fío condutor da música fai que este espectáculo hipnotice ao público, trasladándoo a un mundo de fantasía onde todo é posible, onde a cor, a beleza e o imposible fúndense en case unha hora de asombro continuo. A actuación será no Parque do Barbaña. O escenario estará no paseo de sábrego xunto ao río, no tramo comprendido entre a rúa Fonte do Bispo e a pasarela de Tras Alameda.

Toda a información das festas na páxina web do Concello de Ourense
https://ourense.gal/gl/festas-2022/

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas