Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán ofrece este sábado a xornada "As Xentes do...

O concello de Nigrán ofrece este sábado a xornada “As Xentes do Mar” co mariñeiro influencer Rogelio Santos Queiruga e a pescantina xubilada de Panxón Laura González

- Anuncio -

Organízase na lonxa de Panxón no marco de Ciudad Ciencia e xunto ao Consello da Cultura Galega para reflexionar sobre a sostibilidade da pesca xunto a Luisa Iglesias García, Técnica Superior do Grupo de Peixerías do Centro Nacional IEO-CSIC de Vigo

O Concello de Nigrán ofrece este sábado 25 de xuño ás 20:00 horas na lonxa do porto pesqueiro de Panxón a xornada ‘As Xentes do Mar’, organizada xunto ao CSIC en Galicia, no marco do programa Ciudad Ciencia, e co Consello da Cultura Galega. A actividade consistirá nun encontro público e conversa entre Laura González, peixeira de Panxón xubilada de 85 anos; Rogelio Santos Queiruga, mariñeiro de Porto do Son, influencer e defensor da sustentabilidade da pesca; e Luisa Iglesias García, Técnica Superior do Grupo de Peixerías do Centro Nacional IEO-CSIC de Vigo. Estará moderada por Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, e o obxectivo da mesma é fomentar o debate sobre o estado da pesca, a sustentabilidade, a conservación da biodiversidade ou a aparición de especies invasoras, a través da traxectoria profesional das persoas convidadas.

O presente ano 2022 foi declarado pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas como o Ano Internacional da Pesca Artesanal baixo o lema: “Pequena escala, gran valor” e ao mesmo tempo, enmárcase na celebración do Decenio das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible ata o ano 2030. Por iso, co gallo destas celebracións e precisamente coincidindo coas festas patronais de Panxón (parroquia de ancestral tradición mariñeira) o Consello da Cultura Galega, o Concello de Nigrán e o CSIC ofrecen esta xornada.

Relacionadas

Mos concilia ao grande

0
Desenvolve un ambicioso e pioneiro plan de conciliación familiar e laboral, dos poucos en Galicia de tal envergadura, gracias ao apoio da Consellería de...

A Biblioteca Municipal de Nigrán recibe visitas escolares de toda a Área de Vigo...

0
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NIGRÁN RECIBE VISITAS ESCOLARES DE TODA A ÁREA DE VIGO E COMARCA Centros como o Rosalía de Castro, Divino Salvador, A...

O concello de Nigrán construirá un campo de fútbol 7 homologado no terreo ao...

0
Trátase dunha petición da asociación de veciños da parroquia e o Concello xa dispón do proxecto aprobado. As obras, cun orzamento de 287.646 €,...

Comezan as finais do certame Talento Xove no que participaron máis de 300 mozos...

0
A final de cociña contará coa presenza da directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, Lara MenesesMañá día 4 celébrase a final de...

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

Publicacións Relacionadas