HomePontevedraA ParadantaO GDR Condado Paradanta reúnese en Covelo coas asociacións e colectivos locais...

O GDR Condado Paradanta reúnese en Covelo coas asociacións e colectivos locais na procura da mellor estratexia turística

- Anuncio -spot_img

O presidente do GDR Condado Paradanta, e alcalde de Covelo, reúnese o vindeiro mércores 29 de xuño ás 21 horas no auditorio municipal cos actores socioeconómicos do territorio

Esta sesión está enmarcada na iniciativa “Pensa, actúa e constrúe territorio”

O GDR Condado Paradanta convoca ás asociacións e colectivos de Covelo a un encontro de traballo no marco da iniciativa “Pensa, actúa e constrúe territorio”. O vindeiro mércores 29 de xuño no auditorio municipal asociacións e GDR traballarán no deseño da estratexia turística para o desenvolvemento da zona. O presidente do GDR e alcalde de Covelo, Pablo Castillo salienta “a necesidade de colaborar cos diferentes actores socioeconómicos do territorio. Queremos constituír foro de debate, sensibilizar e optimizar o aproveitamento dos recursos endóxenos e artellar dinámicas de participación nas que tódalas entidades se vexan representadas” asegura Castillo.

A sesión está dirixida a entidades públicas e privadas representantes do territorio de actuación que poidan encadrarse nalgunha das seguintes mesas sectoriais: asociacións de mulleres, asociacións de mozos, asociacións de acción social; asociacións cuxo obxecto social garde relación coa protección, conservación e/ou mellora do medio ambiente; asociacións do sector agrario, asociacións de empresarios e agrupacións de profesionais; asociacións do sector cultural, educativo ou etnográfico e o sector público.

Publicacións Relacionadas