HomeTabeirósA EstradaAs familias sen recursos da Estrada terán 450 viaxes de balde nas...

As familias sen recursos da Estrada terán 450 viaxes de balde nas atraccións durante o San Paio

- Anuncio -spot_img

Os feirantes da trintena de atraccións que permanecerán instaladas na Praza da Feira durante as festas patronais do San Paio veñen de decidir en colaboración coa Concellaría de Eventos, que dirixe Gonzalo Louzao, repartir 450 bonos entre as familias sen recursos da Estrada.

Cada un destes bonos corresponderase cunha viaxe gratuíta en calquera das atraccións instaladas na Praza da Feira e poderán empregarse durante todos os días que permanezan abertas.

O obxectivo, explica o edil de Eventos, é “que aquelas familias que máis o precisan poidan ter a oportunidade de gozar do parque de atraccións”. Os bonos foron entregados en Cáritas e será a propia asociación a que faga o reparto entre os seus usuarios.

Publicacións Relacionadas