HomePontevedraA Xunta esquécese da veciñanza de Redondela e segue sen dar unha...

A Xunta esquécese da veciñanza de Redondela e segue sen dar unha resposta sobre as obras da Avenida Mendiño

- Anuncio -spot_img

En febreiro de 2019, en vésperas dunhas eleccións municipais, a conselleira de Infraestruturas Ethel Vázquez e o exalcalde Javier Bas presentaban unha obra “para comezar nese verán e da que tres anos despois, segue sen terse noticias”

O PSdeG-PSOE de Redondela, por medio da súa secretaria de Organización, Rita Pérez Táboas, denunciou o “esquecemento en que a Xunta de Galicia ten á cidadanía de Redondela” en referencia as obras de reforma da Avenida Mendiño logo de cumprirse máis de tres anos dende que en febreiro de 2019 “e con gran parafernalia, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez e o exalcalde Javier Bas, anunciasen o “inicio inminente “das obras que comezarían ese mesmo verán e terían un prazo de execución de 12 meses”.

A chegada do Goberno socialista ao Concello “faría cambiar o discurso”, afirma Rita Pérez “tanto así que nos orzamentos do 2020, a Xunta non consignaba nin un euro a unha obra que, meses antes, cualificaban como de extraordinaria importancia”.

De feito, na prensa do día 27 de febreiro de 2019, baixo o títular La Avenida de Mendiño se reformará hasta el puerto para mejorar la seguridad vial, a conselleira de Infraestruturas comprometía un investimento de 1.5 millóns de euros para unha obra que concentraría no seu primeiro treito, dende o Centro de Saúde, o groso das actuacións xa que afirmaba, literalmente, “es la zona más próxima al casco urbano y la más transitada, ya que en su entorno se ubican varios centros escolares, dos pabellones deportivos y la piscina, entre otras dotaciones municipales.

O Goberno socialista de Redondela leva “máis de dous anos esixindo da Xunta de Galicia o cumprimento dese compromiso que adquiriron con toda a veciñanza de Redondela”, cumprindo todos e cada uns dos requisitos esixidos polo Goberno autonómico do PP –que polo visto gobernando os populares en Redondela non eran necesarios– “incluída unha retención de crédito, petición máis que cuestionable se se ten en conta que a Xunta non explicaba se, pola súa banda, contaba ou non con partida orzamentaria para a súa realización”.

A secretaria de Organización cualificou de “impresentable” o “silencio cómplice dun PP local que no afán aliñarse cos seus en Santiago e desgastar ao Goberno socialista redondelán, tráelle sen coidado prexudicar á cidadanía que asegura defender”. “Cunha cara urxen a realización de actuacións que son competencia do Goberno central mentres, con premeditación e coa clara intención de enganar á veciñanza, tapan os constantes e continuos incumprimentos da Xunta con Redondela”.

“A Avenida Mendiño, de titularidade autonómica que ninguén o olvide, segue estando no mesmo sitio, segue dando paso ao Centro de Saúde, aos centros escolares, aos pabellóns deportivos e a piscina municipal. Nada cambiou dende a promesa electoral a non ser o Goberno elixido democráticamente pola cidadanía”.

Publicacións Relacionadas