Home Vigo Nigrán O concello de Nigrán vovle a ofrecer o programa "Música nas Parroquias"...

O concello de Nigrán vovle a ofrecer o programa “Música nas Parroquias” para festexar o martes e mércores 29 de San Pedro

- Anuncio -

Ante a non constitución de comisión de festas, o Concello ofrece a verbena do martes co Trío Azar e Orquesta Saudade e o mércores, festivo local, pasarrúas e concerto ao mediodía da Banda de Música do Val Miñor

O Concello de Nigrán organiza a través do seu programa ‘Música nas Parroquias’, e ante a non constitución de comisión, a celebración da festa patronal de San Pedro da Ramallosa este martes con verbena e o mércores, festivo local, cun concerto ao mediodía. Así, mañá día 28 terá lugar no Torreiro a gran verbena desde as 21:30 horas co concerto do Trío Azar e da Orquesta Saudade. O propio mércores 29, festivo local en Nigrán, terá lugar un pararrúas por San Pedro da Banda de Música do Val Miñor desde as 10:00 horas e posterior concerto no Torreiro ás 13:00 horas.

O Concello inviste a través de ‘Música nas Parroquias’ máis de 60.000 €, destes cartos, a Deputación de Pontevedra achegará 10.000 € a través da Liña 2 do Plan Concellos. A seguinte cita será en Santiago de Parada o 25 de xullo, O Carme de Lourido o 31 de xullo, San Fiz de Nigrán o 1 de agosto, Virxe das Angustias de Nigrán o 21 de agosto, San Roque de Camos o 24 de agosto e, finalmente, Bo Xesús de Priegue o 4 de setembro.

“Iniciamos este programa co Covid-19 para poder manter as festas pese a ausencia de comisións organizadoras e apostamos pola súa permanencia para garantir a pervivencia das festas tradicionais de Nigrán porque son os verdadeiros días de celebración conxunta da veciñanza e de ledicia en cada parroquia”, resume o alcalde, Juan González.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas