Home Lugo A Mariña Occidental A Xunta participa na presentación do Resurrection Fest no marco dos concertos...

A Xunta participa na presentación do Resurrection Fest no marco dos concertos do Xacobeo que reunirá esta semana en Viveiro a máis de 120 bandas e artistas

- Anuncio -

 O festival terá lugar do 29 de xuño ao 3 de xullo. Contará coa participación de bandas como Deftones, Bullet for my Valentine, Alien Weaponry, abaton, Avenged Sevenfold e Judas Priest, entre outros

 O evento consolídase como unha das principais citas europeas e a máis importante de España no seu xénero

 Nava Castro animounos a solicitar declaración do festival como Festa de Interese Turístico de Galicia

 Este festival enmárcase na programación de Concertos do Xacobeo, un evento que espallará música por toda Galicia con 350 artistas de primeiro nivel que chegarán a todos os recunchos da comunidade

A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe na presentación da 16 edición do Resurrection Fest, que terá lugar en Viveiro do mércores 29 de xuño ao domingo 3 de xullo coa participación de máis de 120 artistas e bandas, entre os que se encontran grandes nomes internacionais como Deftones, Bullet for my Valentine ou Alien Weaponry,Sabaton,Avenged Sevenfold e Judas Priest, entre outros.
Gracias á espectacularidade do cartel, así como á súa especialización musical, este evento consolídase como unha das principais citas europeas e a máis importante de España no seu xénero. Así púxose de manifesto esta mañá na presentación oficial que tivo lugar en Viveiro e na que interveu a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.
Durante a súa intervención, Castro destacou a importancia deste tipo de celebracións, xa que, gracias a súa calidade, este festival consolídase como un dos grandes do Xacobeo, atraendo a máis de 140.000 persoas a participar no mesmo durante os seus 5 días de duración. Por iso, a directora de Turismo de Galicia animounos a solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia.

“Temos que sentirnos enormemente orgullosos do traballo realizado, de que celebracións como a que estamos a presentar acaden un éxito internacional e sexan un elemento tractor e dinamizador tanto do sector cultural e turístico como do conxunto da sociedade e do territorio” finalizou a directora de Turismo de Galicia.
Ademais do patrocinio como cita destacada dos Concertos Xacobeo, o Resurrection FEST conta cunha achega adicional ao seu financiamento a través das subvencións a festivais de música que convoca cada ano a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.
Á presentación tamén asistiron o director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil; o delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias; o director de Patrocinios Musicais de Estrella Galicia, Víctor Martiñán; e o CEO de Bring The Noise e director do festical, Iván Méndez.

Este festival enmárcase na programación de Concertos do Xacobeo, un evento que espallará música e espectáculo por toda Galicia con 350 artistas de primeiro nivel que chegarán a todos os recunchos da comunidade para celebrar un Ano Santo extraordinario.

Relacionadas

A Xunta destaca a colaboración co Colexio de Psicólogos no eido das emerxecias que...

0
O director xeral e Emerxencias e Interior participou na inauguración do I Congreso Nacional de Psicoloxía de Emerxencias, organizado polo Colexio Oficial de Psicoloxía...

Román Rodríguez reivindica a escola rural como “un modelo educativo de vangarda que é...

0
— O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP participa no II Congreso Nacional da Escola Rural en Ribadavia — Na cita, a que acuden...

A Xunta destaca o seu apoio aos concellos na recollida diferencia de residuos e...

0
— A planta de transferencia de Curtis pertence á rede pública de infraestruturas, conformada por 17 instalacións repartidas por Galicia, na que o Executivo...

O programa de financiamento comunitario “TecEuropa” abre a inscrición para a súa vixésima edición

0
— O curso, en formato virtual, volverá contar con expertos no financiamento comunitario que a través de contidos teóricos e prácticos achegarán as opcións...

O DOG publica a contratación por réxime de concerto social do funcionamento do...

0
— O Goberno galego investirá 615.000 euros anuais ata 2028 na atención a adolescentes que cumpren medidas xudiciais en réxime aberto — Trátase dun incremento...

Un total de 40 centros de toda España darán a coñecer mañá exemplos de...

0
— Uns 300 profesionais asistirán a este encontro co obxectivo de reivindicar o papel do ensino rural na sociedade — A cita, que acollerá conferencias,...

Publicacións Relacionadas