Home Deputacións Deputación Ourense A XXXVIII edición da Carreira Popular de Leiro reunirá este domingo a...

A XXXVIII edición da Carreira Popular de Leiro reunirá este domingo a máis de 550 participantes

- Anuncio -

Leiro celebrará este domingo, día 3 de xuño, a súa clásica carreira popular, unha das máis antigas de Galicia, alcanzando este ano as 38 edicións. A competición foi presentada esta mañá na sala de prensa do Pazo Provincial, coa presencia do vicepresidente segundo da Deputación e responsable dos asuntos de cooperación cos concellos do Ribeiro, César Fernández; o xefe provincial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; o teniente alcalde de Leiro, Ramón Álvarez; o edil de Deportes do Concello de Leiro, Luis Iglesias e o membro da organización da proba Jorge Janeiro.

A XXXVIII Carreira Popular de Leiro, patrocinada pola Deputación de Ourense a través do Inorde, xa pechou o prazo de inscrición con máis de 550 participantes, un completo éxito segundo remarcan dende a organización.

A Carreira Popular de Leiro, incluída dentro do Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo, consta duns 10 quilómetros na súa categoría absoluta e diferentes distancias para o resto de categorías, que comprenden dende os 5 quilómetros ata os 250 metros na categoría de pitufos. Esta proba permitirá a participación por equipos na máxima categoría, debendo rematar a proba como mínimo seis corredores do mesmo equipo para optar á clasificación.

O calendario de actividades enmarcadas dentro desta carreira popular tamén contempla o sábado a celebración de xogos populares e unha festa da escuma na Praza do Cruceiro de Leiro, ademais do propio domingo dun concurso fotográfico e animación polas rúas durante o percorrido da proba.

A carreira popular poderá ser seguida vía streaming a través deste enlace https://carreirapopulardeleiro.ccnorte.com/, con retransmisión en pantalla xigante dende a Praza do Cruceiro de Leiro.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Rafa Domínguez enxalza o papel pioneiro de Balbino de las Fuentes durante a presentación...

0
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Museo de Pontevedra na presentación do libro “Fuentes Mora. La radio en...

Unanimidade na Deputación para esixir ao Goberno central a busca de solucións para a...

0
O pleno aproba prorrogar o servizo de limpeza dos centros provinciais, a poxa para as 14 parcelas libres do polígono de Barro, confirmar a...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Deputación celebra o Día Europeo dos Xardíns Históricos enxalzando a posición privilexiada da...

0
A deputada de Turismo, Nava Castro, remarcou que a provincia de Pontevedra conta con seis xardíns históricos situados na Estrada, Pontevedra, Ribadumia, Soutomaior, Vigo...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Publicacións Relacionadas