Home Lugo A Mariña Occidental Míriam Bermúdez exixe zonas para cans con Loureiro sen disposición a habilitalas

Míriam Bermúdez exixe zonas para cans con Loureiro sen disposición a habilitalas

- Anuncio -

As veciñas de Viveiro xa levan rexistradas innumerábeis solicitudes nas dependencias do Concello de Viveiro para que se habiliten lugares onde poder estar e desfrutar das súas mascotas. Tamén foron polo menos dúas as recollidas de sinaturas solicitando estas zonas, entregadas á alcaldía solicitando feitos, mais sen inmutarse por parte de María Loureiro.

O BNG de Viveiro, único grupo nestes 3 anos que fixo presión co tema, presentando unha moción hai máis dun ano que resultou aprobada aínda que coa abstención do PSOE de Loureiro, xa remisos daquela de votar a favor desta medida.

A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, é moi clara: “Loureiro foi áxil para prohibir cun simple bando os cans na totalidade dos areais as 24h, pero de permitilos en zonas consensuadas non quere nin falar. Igual que se poden prohibir nuns sitios, podense permítir noutros coa mesma modalidade de publicar un bando. Tampouco lle parece servir a modalidade da Ordenanza pois non houbo oco posible en todo un ano para poder redactala, mais sen embargo, si para escribir 2, 3 e até 4 notas de prensa ao día… Que alguén mo explique” di irónicamente Míriam Bermúdez.

O BNG incidirá novamente no vindeiro pleno exixindo, dunha vez por todas, a aplicación desta demanda veciñal ao goberno municipal, así como explicacións por esta negativa.

Relacionadas

Fillas de Cassandra actuará na VII Festa da Torta de Millo de Guitiriz

0
• O coñecido dúo galego, formado polas viguesas María Pérez e Sara Faro, estará o 2 de xuño no Campo da Feira. • Nos próximos...

A Xunta aposta pola mellora paisaxística da Ribeira Sacra co acondicionamento do miradoiro de...

0
Ángeles Vázquez incide no obxectivo de dotar a veciñanza e visitantes dun espazo desde o que desfrutar dos excepcionais valores estéticos da paisaxe da...

A Xunta completa a renovación das instalacións do Centro de Recuperación de Fauna Silvestre...

0
— Ángeles Vázquez explica que as actuacións rematan esta semana e permiten dar un paso máis na conservación e recuperación das especies de fauna...

FEIRACO patrocina os VI Premios Stephen Hawking, que se entregarán este venres no IES...

0
Un total de 54 traballos aspiran a alzarse coa sexta edición deste premio, coordinado por Amparo Alonso Betanzos, catedrática de Ciencias da Computación e...

Edificios públicos das sete cidades galegas iluminaranse de vermello polo Día Mundial da Hemofilia

0
Dende a asociación Agadhemo queren visibilizar esta doenza que en Galicia afecta a máis de 300 persoas. O 17 de abril conmemórase o Día Mundial...

A Xunta comezará a vindeira semana traballos de limpeza nas marxes de catro estradas...

0
― Iniciaranse traballos de roza nas estradas AC-861, en San Sadurniño, e na LU-616, ao paso polo concello do Saviñao ― Tamén comezarán labores de...

Publicacións Relacionadas