Home Terra de Celanova A Bola A Deputación e 20 concellos asinan un convenio de “acompañamento dixital” para...

A Deputación e 20 concellos asinan un convenio de “acompañamento dixital” para facilitar a solicitude de axudas sociais a persoas sen habilidades tecnolóxicas

- Anuncio -

A partir do 1 de xullo, os veciños poderán solicitar desde o seu propio concello os programas que ofrece a área de Benestar sen ter que viaxar ata a capital, sen papeis e sen necesidade de que saiban ou poidan utilizar a administración electrónica

“Cero papel, cero quilómetros, cero desprazamento e cero exclusión dixital”, subliñou Manuel Baltar durante a sinatura do documento no Centro Cultural Marcos Valcárcel. “Isto é cooperación e vai na andaina de prestar os mellores servizos públicos sen discriminar a ninguén dixitalmente”

Outros 30 concellos ourensáns xa manifestaron o seu interese por incorporarse a este programa deseñado contra a exclusión dixital

Manuel Baltar avanzou outros proxectos nos que traballa a Deputación como un novo modelo de análise en tempo real sobre o impacto das políticas sociais; a transformación dixital do Servizo de Axuda no Fogar; a aplicación de métodos de intelixencia artificial (IA) a estes programas; e a convocatoria en 2023 dun curso de verán da Universidade de Vigo sobre IA nos servizos sociais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e as alcaldesas e alcaldes en representación de vinte concellos da provincia asinaron esta mañá o primeiro convenio de “Administración con acompañamento dixital”, polo que a cidadanía sen habilidades ou acceso ás novas tecnoloxías poderá solicitar desde os servizos sociais do seu propio concello as axudas e servizos que ofrece a área de Benestar da Deputación. “Cero papel, cero quilómetros, cero desprazamento e cero exclusión dixital”, dixo Manuel Baltar resumido así a filosofía deste plan.

A sinatura do convenio tivo lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, onde o presidente da Deputación estivo acompañado pola deputada de Reto Demográfico, Igualdade e Políticas Sociais, Luz Doporto, e mailo responsable da área de Benestar, José Juan Cerdeira. Os concellos asinantes foron Os Blancos, A Bola, Calvos de Randín, O Carballiño, Entrimo, Lobeira, Lobios, Padrenda, Pereiro de Aguiar, Petín, Pobra de Trives, Sarreaus, Riós, Trasmiras e Xinzo de Limia, así como outros cinco de modo indirecto -Beariz, Boborás, O Irixo, Piñor e San Amaro- a través da Mancomunidade do Carballiño. Outros 30 concellos da provincia, segundo a área de Benestar, xa manifestaron o seu interese por incorporarse a este programa.

Manuel Baltar agradeceu a presenza das alcaldesas e alcaldes nun acto “realmente importante, porque isto é cooperación e vai na andaina de prestar os mellores servizos públicos ás persoas e colectivos en risco de exclusión dixital”. Grazas a este convenio, destacou, “moitos veciños dos concellos asinantes poderán presentar as solicitudes de axudas sociais sen ter que desprazarse ata a capital, sen papeis, sen necesidade de que saiban ou poidan utilizar a administración electrónica, é dicir, sen discriminar a ninguén dixitalmente”.

Atención persoal con tratamento dixital

A veciñanza, subliñou Manuel Baltar, será atendida no seu concello “pero como se a solicitude fose tramitada pola administración electrónica, unindo atención persoal con tratamento dixital”. Neste sentido e para avaliar a importancia deste proxecto puxo como exemplo as tramitacións xestionadas para o programa Chegou de fomento á natalidade: “Entre o ano 2021 e o primeiro semestre de 2022, un de cada cinco solicitantes tivo que acudir desde o seu municipio de residencia á sede da área de Benestar, no edificio de Correos da capital”.

O programa comezará a funcionar o próximo venres, 1 de xullo, e nesta semana un total de 34 técnicos municipais dos concellos asinantes serán dados de alta no sistema de acompañamento dixital. Así quedarán acreditados para cumprimentar dixitalmente as solicitudes, imprimilas e axudar ao cidadán para que as presente fisicamente no rexistro electrónico do seu municipio.

Oficina de tramitación “híbrida”

Esta iniciativa complétase cun proxecto piloto que a próxima semana porá en marcha a área de Benestar, coa apertura na súa sede dunha oficina con administración híbrida para cidadáns sen certificado dixital. A través de pantallas dixitais a cidadanía poderá cumprimentar a solicitude de axuda que precise, co asesoramento dun funcionario, recibindo unha copia impresa para presentala fisicamente no rexistro electrónico provincial.

En breve tamén se porá en marcha unha segunda opción, de tal modo que unha vez cumprimentada a solicitude e previa identificación do cidadán, o funcionario poderá presentar o documento co seu certificado dixital en nome do solicitante. Ademais, crearase un grupo de traballo contra a exclusión dixital para seguir perfeccionando a resposta da Deputación ante os aspectos máis negativos derivados da transformación dixital das administracións públicas.

Novos proxectos en transformación dixital

No acto desta mañá, Manuel Baltar avanzou novos proxectos relacionados coa transformación dixital nos que está a traballar a Deputación de Ourense e que se porán en marcha a primeiros do próximo ano.

Así citou o programa “Benestar Lab”, un plan dixital “que permitirá analizar en tempo real o impacto das políticas sociais prestadas o cofinanciadas pola administración provincial, un modelo de mellora continua que analizará parámetros relacionados coas solicitudes de axuda ou a prestación de servizos. Tamén falou da aplicación do concepto de “Disrupción dixital” a programas sociais, que terá como finalidade analizar a xestión do Servizo de Axuda no Fogar municipal, que a Deputación cofinanciou con 8 millóns de euros nos últimos dez anos. Neste mes, explicou, creouse un grupo de traballo composto por técnicos da área de Benestar e dos servicios sociais comunitarios de dez concellos “para buscar fórmulas de transformación dixital que aforren fondos municipais e melloren o servizo á cidadanía”.

Manuel Baltar anunciou ademais que se estudará a aplicación de métodos de intelixencia artificial na prestación dos servizos sociais, con especial atención “a todas aquelas posibilidades que mellor se adapten á nosa realidade provincial, en especial o envellecemento, a dispersión poboacional e a ruralidade”.

Outra das iniciativas a desenvolver será unha proposta á Universidade de Vigo para que en 2023 se convoque, no Campus de Ourense, a primeira edición dun curso de verán sobre “Intelixencia Artificial aplicada aos servizos sociais”, ao que se invitaría a participar aos mellores especialistas europeos na materia, así como institucións, entidades e empresas co fin de coñecer as últimas novidades nestes servizos “que poidan aplicarse na nosa provincia”. O curso sería itinerante celebrándose cada ano nun concello que previamente o solicite.

Relacionadas

A Deputación dona 10.000 quilos de patacas de A Limia ao Banco de Alimentos...

0
O presidente provincial, Luis Menor, destaca a “inmensa labor” desta organización social coas familias vulnerables, durante unha visita ao almacén da entidade no polígono...

O Concello adxudica as obras de acondicionamento e mellora de espazos urbanos na rúa...

0
Aproba tamén as bases da convocatoria de subvencións para actuacións de rehabilitación A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou este mediodía en...

O Concello fai pública a programación de Nadal, cunha morea de actividades para todos...

0
Papá Noel visitará a cidade cos seus renos e elfos o día 21 de decembro, e os Reis Magos o día 5 na tradicional...

A Deputación avanza nunha ordenanza actualizada para adaptarse ás esixencias europeas en materia de...

0
A comisión de seguimento e control de Medio Ambiente informou favorablemente e por unanimidade do texto regulador que se debaterá no pleno do próximo...

A Deputación organiza encontros coas entidades beneficiarias dos programas de acción comunitaria en Lalín,...

0
O deputado de Acción Comunitaria, Javier Tourís, salientou o éxito dun plan que repartiu preto de 141.000 euros entre 15 entidades da capital de...

Luis López resume a acción da Deputación en Pontevedra e a súa contorna: 27...

0
O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e os deputados María Ramallo e Jorge Cubela, fai balance dos proxectos e programas que o...

Publicacións Relacionadas