Home Pontevedra Deza A feira forestal Galiforest Abanca analiza no seu primeiro día os produtos...

A feira forestal Galiforest Abanca analiza no seu primeiro día os produtos non madeirables, os servizos ecosistémicos do monte e a planta de pino mellorada

- Anuncio -

• ESTES TEMAS ABÓRDANDSE EN DÚAS XORNADAS TÉCNICA, UNHA DELAS ORGANIZADA POLA FUNDACIÓN ARUME E OUTRA POLA AXENCIA GALEGA DA INDUSTRIA FORESTAL (XERA) DA XUNTA DE GALICIA COA COLABORACIÓN DO CERTAME

• ESTE MONOGRÁFICO ESTÉNDESE ATA O VINDEIRO SÁBADO NO CENTRO DE FORMACIÓN E EXPERIMENTACIÓN AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

A sexta edición da feira forestal Galiforest Abanca, a cal se celebra dende hoxe ata o vindeiro sábado no monte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón), celebra hoxe dúas xornadas técnicas de gran interese para o sector coa participación de once expertos.

A primeira delas tivo lugar esta mañá baixo o título “Planta forestal mellorada”, Organizada pola Fundación Arume, contou coa intervención de Isabel Álvarez, responsable de produción forestal de Viveros Braña; Enrique Fandiño, xerente de Hifas Foresta; Margarita Fraga, directora técnica de Cultigar-Fundación Paideia Galicia; Francisco José Lario, responsable de proxectos MFR de TRAGSA, e José Martel, xefe do servizo de Saúde e Vitalidade do Monte da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal da Xunta de Galicia.

O moderado foi Enrique Martínez, director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán – Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal).

NTFP e bioeconomía forestal

Por outra banda, esta tarde está a ter lugar outra xornada, organizadas pola Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) da Xunta de Galicia coa colaboración do certame. Nela estanse analizando os produtos forestais non madeirables (NTFP) e os servizos ecosistémicos do monte, é dicir, os beneficios que a poboación pode obter dun ecosistema para o seu benestar. Comezou coa verificación de servizos ecosistémicos na Devesa de Rogueira (Lugo), por parte de Manuel Beiro, da Asociación Bioeco2 e representante de Enxeñería Forestal Asefor, para logo expoñer as perspectivas dos sistemas agroforestais en Europa, de man de Mercedes Rois, consultora en bioeconomía forestal, doutora enxeñeira de montes e secretaria do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia.

Ademais, está programado tratar nesta xornada a explotación de resina na comunidade de montes de Mougás, sendo o encargado Venancio Miniño, presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mougás, e tamén analizar os resultados dos ensaios de silvicultura dirixidos á obtención de madeira e cogomelos, de man de Javier Pereira-Espinel, enxeñeiro de montes da Universidade de Santiago de Compostela (USC). O moderador é Roque Rodríguez, catedrático universitario e profesor de silvicultura da área de Produción Vexetal da Universidade de Santiago de Compostela.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas