Home Pontevedra Deza Un proxecto en técnicas de extracción de resina para masas de piñeiro,...

Un proxecto en técnicas de extracción de resina para masas de piñeiro, primeiro premio no Concurso de Innovación de Galiforest Abanca 2022

- Anuncio -

OS GALARDÓNS FORON ENTREGADOS ESTA TARDE NO MARCO DESTE CERTAME, O CAL SE CELEBRA DENDE HOXE ATA O SÁBADO NO CENTRO AGROFORESTAL DE SERGUDE (BOQUEIXÓN)

Un método de extracción de resina para masas de piñeiro con fins produtores de madeira e obtención de resina de alta calidade, presentado por Sinerxias Sostibles Resinforest (Foresin), conseguiu o primeiro premio no Concurso de Innovación Tecnolóxica da feira forestal Galiforest Abanca 2022, a cal se leva a cabo desde hoxe ata o sábado no monte do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude (Boqueixón).

Este proxecto de innovación do Grupo Operativo Acrema persegue mellorar a produtividade das masas de Pinus Pinaster e Pinus Radiata mediante a integración dun aproveitamento de resina innovador que permita obter bio produtos de alto valor engadido como complemento á produción de madeira de calidade ao mesmo tempo que se mantén a sustentabilidade da masa.

Neste Concurso de Innovación tamén se concederon dúas mencións. Unha delas foi para a solución intelixente Timbermatic Maps e Timbermanager, que permite aos operadores e contratistas ver o progreso da explotación forestal en tempo real, podendo saber en todo momento a evolución dos traballos, canta madeira hai cortada e canta hai para sacar, o que facilita a organización e loxística. Foi presentada pola empresa Guifor.

A outra mención recaeu no cabezal talador direccional IGSA TCD 400, presentado por Industrias Guerra, o cal permite aumentar a produtividade reducindo custos. Con dimensións e peso reducido, está orientado para montar en pequenas máquinas sobre rodas e facilitar así o desprazamento, ademais de contar coa posibilidade de orientar o cabezal marcando a dirección do talado e mantendo a máquina fixa.

Os premios foron entregados esta tarde polo director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez; o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan; o alcalde de Boqueixón, Manuel Fernández; e o director da Feira Internacional de Galicia ABANCA, Ricardo Durán, quen estiveron acompañados de parte dos membros do xurado.

Ao concurso, co cal a Feira Internacional de Galicia ABANCA pretende contribuír ao fomento do I+D+i no sector forestal, presentáronse catorce innovacións destinadas a achegar melloras ao sector forestal e a optimizar os seus recursos.

Todas estas novidades e tamén moitas outras presentadas polas empresas participantes nesta edición móstranse na área de exposición do monográfico.

Avaliadas por 10 expertos

As innovacións participantes foron examinadas esta mañá por un xurado conformado por dez expertos pertencentes a outras tantas institucións e entidades. Foron Gustavo Álvarez, coordinador de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural; Odón López, xefe de servizo de Xestión Forestal da Dirección Xera de Planificación e Ordenación Forestal; Gonzalo Piñeiro, técnico do CIS MADEIRA – Axencia Galega da Industria Forestal (XERA); Joaquín García, técnico de Departamento de Xestión da Innovación da Axencia Galega de Innovación (GAIN); Ana Oróns, secretaria xeral da Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia (FEARMAGA); Sergio Frade, técnico do Centro de Investigación Forestal de Lourizán; José Manuel Feito, enxeñeiro forestal e profesor do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude; Patricia González, xerente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia; Alfredo Fernández, enxeñeiro forestal do Colexio de Enxeñeiros de Montes en Galicia; e Óscar González, profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra – Universidade de Vigo.

Relacionadas

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

O Celta feminino terá identidade mosense

0
A sección de fútbol feminino da UD Mos será o embrión do novo proxecto celeste A Unión Deportiva Mos será o Celta Feminino. Esta foi...

O Concello de Baiona honra a José Trigo Pereira ‘Miolo’ nos seus 102 aniversarios

0
José Trigo Pereira, coñecido cariñosamente como ‘Miolo, recibiu a homenaxe do municipio con motivo dos seus 102 aniversarios. O Concello de Baiona quixo mostrarlle o...

Publicacións Relacionadas