HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece actividades de ocio a un campamento de...

O concello de Nigrán ofrece actividades de ocio a un campamento de 50 menores de toda España con enfermidade renal crónica

- Anuncio -spot_img

Trátase dun campus estival organizado cada ano pola Federación Nacional Alcer e que nesta ocasión ten lugar por vez primeira na Residencia de Tempo Libre de Patos do día 25 de Xuño ao 2 de Xullo

O Concello facilítalles durante estas dúas semanas bautismos de surf adaptado, piragüismo, unha viaxe a Cíes e os traslados aos centros de saúde para recibir tratamento

Os menores con enfermidade de ril crónica (ERC) teñen moi limitadas as súas posibilidades de ocio debido ás diferentes formas de tratamento que precisan

O Concello de Nigrán colabora co campamento para menores con enfermidade renal crónica da Federación Nacional Alcer na Residencia de Tempo Libre de Patos proporcionando actividades de ocio e facilitando os traslados aos centros de saúde ou hospitais daqueles que o precisan. Trátase dun campus estival que a entidade organiza cada ano en diferentes puntos do territorio nacional e que nesta ocasión ten lugar por vez primeira na Residencia de Tempo Libre de Patos do 25 de Xuño ao 2 de Xullo e que conta con 50 participantes de toda España de 8 a 17 anos.

O obxectivo do Concello de Nigrán é colaborar a que estas vacacións lles resulten de verdade inesquecibles, polo que lles está a ofrecer bautismos de surf adaptado a través das Escolas de Surf de Patos, piragüismo coa empresa local Ayuco Aventura, unha viaxe a Cíes… Ademais, o Concello tamén facilita o traslado aos hospitais para aqueles que precisan diálisis ou outro tipo de tratamento.

“O noso lema de bo goberno é ‘Un Nigrán para todos’, así que para nos é moi importante que estes rapaces disfruten ao máximo deste campamento e asocien para sempre nas súas vidas Nigrán con ledicia. Afortunadamente temos xa moita experiencia coa realización de actividades deportivas adaptadas e estamos moi orgullosos de saber levalas adiante”, explica o alcalde, Juan González, quen onte acudíu a saludar aos participantes, entre os que hai trasplantados ou en espera, en diálisis…

Os menores con enfermidade renal crónica (ERC) teñen moi limitadas as súas posibilidades de ocio debido ás diferentes formas de tratamento que precisan. A limitación máis importante é o desprazamento a outras rexións pola súa dependencia de asistencia sanitaria continua, por iso desde 1981 a Federación Nacional de Asociaciones Para la Lucha Contra la Enfermedad Renal (FNA Alcer) proporciona este programa de vacacións adaptadas as súas necesidades chamado ‘Campamento CRECE’ . O obxectivo, ademais de propiciar ocio, sirve de respiro familiar para os seus coidadores, establece hábitos de vida saudables fomentando o exercicio e unha alimentación acorde a cada situación, e ofrece un entorno seguro grazas aos servicios sanitarios da zona cos que previamente se coordina todo.

Publicacións Relacionadas