HomePontevedraO CondadoDomingo 3 de xullo inauguración do Espazo Lúdico Termal de Teáns-Olerios, en...

Domingo 3 de xullo inauguración do Espazo Lúdico Termal de Teáns-Olerios, en Salvaterra de Miño

- Anuncio -spot_img

Este domingo ás 12.00h o Presidente da Xunta de Galicia Alfonso Rueda e a Alcaldesa de Salvaterra de Miño Marta Valcárcel inaugurarán o primeiro Espazo Lúdico Termal recoñecido en Galicia, o Espazo Lúdico Termal de Teáns – Oleiros, acompañados polo Deputado Provincial Carlos López Font e demais autoridades.

Unhas instalacións modernas, atractivas e funcionais á beira do Río Miño, co fondo das murallas de Monçao. Un enclave único que nos leva a relaxación e a calma, que conta con máis de 22.000m2 entre aparcamento, área recreativa e as termas, onde de ubican os tres vasos de auga quente, con temperaturas que van dende os 44ª aos 42ª que proveñen dunha vena a máis de 250 m de profundidade, e un vaso de auga fría. Un espazo que conta cun aforo superior ás 250 persoas.

Estas instalacións estarán abertas todo o ano de mércores a domingo, con horario de verán de 09.00 a 12.00h e de 19.00 a 23.00h e no inverno de 10.00 a 13.00h e de 17.00 a 21.00h.

Para máis información consulte https://turismo.concellodesalvaterra.org/termas

Publicacións Relacionadas