Home O Salnés Cambados A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés lembra ao concello de...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés lembra ao concello de Cambados a súa responsabilidade para cos organización de eventos festivos

- Anuncio -
  • Segundo a lexislación vixente, é a Administración municipal quen ten que avaliar as necesidades da asistencia sanitaria e o persoal médico que precisa para celebrar eventos en base á tipoloxía, os aforos e os lugares de celebracións
  • É competencia municipal do consistorio cambadés -e non da Administración Sanitaria Pública galega- a contratación destes servizos a empresas que se encarguen de realizar a cobertura médico-sanitaria para todo tipo de eventos e actos
  • O Servizo Galego de Saúde, a través da súa Área Sanitaria de Pontevedra-O Salnés lembra ao Concello de Cambados a súa responsabilidade para coa organización de eventos festivos, tendo en conta todo o relacionado coa saúde dos empregados, o público e os participantes destes eventos, en base á normativa actual.
    Para iso, a Administración municipal será quen teña que avaliar as necesidades da asistencia sanitaria e o persoal médico que precisa para celebrar eventos. Ditas necesidades serán en base á tipoloxía, os aforos e os lugares de celebracións dos actos, segundo a lexislación vixente.
    É competencia municipal do consistorio cambadés -e non da Administración Sanitaria Pública galega- a contratación deses servizos a empresas que se encarguen de realizar a cobertura médico-sanitaria. Dita cobertura ten que ser para todo tipo de eventos e actos.
    Dispositivos sanitarios axeitados
    Tamén son necesarios dispositivos sanitarios axeitados ás necesidades de cada servizo extraordinario. Para iso, lémbrase que deberá ser o Concello cambadés quen proporcione os materiais e os recursos humanos para realizar unha asistencia médica profesional e de calidade ao público e participantes dos seus eventos.

Eses servizos responderán á necesidade legal e de obrigado cumprimento, de dispoñer dunha cobertura sanitaria en certos tipos de actos festivos no Concello de Cambados -concertos, festas populares, etc-.

Relacionadas

A actividade “Lectura na rúa” congregará a un milleiro de persoas na Alameda de...

0
O vindeiro 8 de maio a Alameda Castelao acollerá a IV edición da actividade “Lectura na rúa”, unha iniciativa que xurdiu en maio de...

Redondela oferta preto de 500 prazas para a rapazada nos campamentos de conciliación de...

0
- Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, con actividades nos meses de xullo e agosto, en horario...

“Maxia tola e lectora” na Biblioteca Municipal de Tui con Leo Leiño

0
O vindeiro martes 7 de maio para a rapazada dende os 6 anos Continuando coa programación de “Tui en letras 2024” que oferta máis dunha...

Mondariz recoñeceu o traballo e valentía das primeiras mulleres concelleiras

0
Das súas ganas de aportar e mellorar o mundo, de introducir a perspectiva da muller nos asuntos dun concello e dos sabores e sinsabores...

Conto en inglés para os nosos pequenos no Multiusos Mercado de Sabarís

0
Kid´s & us organiza unha xornada de conta contos en inglés coa colaboración do Concello de Baiona. O evento celebrarase o vindeiro sábado 11...

O Concello de Covelo acolle a II fase de niveis libre de patinaxe

0
Organizada polo Club Covelo Patinaxe Artístico recibirá a 270 deportistas de Pontevedra e Ourense O Concello de Covelo recibirá a 270 patinadoras e patinadores de...

Publicacións Relacionadas