Free Porn
xbporn
Home Lugo A peme lucense Jamones González recibe o apoio para a internacionalización dunha...

A peme lucense Jamones González recibe o apoio para a internacionalización dunha liña de produto innovadora a través do programa “Galicia Avanza”

- Anuncio -

— Representantes da Xunta de Galicia e do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) visitaron esta mañá esta empresa do sector da alimentación para visibilizar as compañías seleccionadas na aceleradora de internacionalización de innovación ‘Galicia Avanza’

— As 30 empresas seleccionadas -5 da provincia de Lugo- que pertencen a sectores tan diversos como o turismo, a saúde, a enerxía, TIC, alimentación, automoción ou aeroespacial, facturaron máis de 100M€ nos últimos dous anos e dan emprego a máis de 470 persoas

A directora da Axencia Galega Innovación (Gain), Patricia Argerey, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, e o director xeral da Tecnópole, Javier Taibo, visitaron esta mañá a peme lucense Jamones González, seleccionada xunto a outras 29 empresas galegas para participar na aceleradora de internacionalización da innovación Galicia Avanza. Este novo programa de aceleración, posto en marcha este ano pola Vicepresidencia primeira e a consellería de Economía, Industria e Innovación -a través da Axencia Galega de Innovación (Gain) e do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- en colaboración co Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), ten como obxectivo que solucións innovadoras galegas se posicionen e vendan no mercado exterior no menor prazo posible.

Con esta iniciativa perséguese reforzar a consolidación das pemes galegas no mercado internacional contribuíndo así á xeración de riqueza, creación de emprego e progreso económico en base á innovación como factor de competitividade.

O esforzo da empresa Jamones González, dedicada á elaboración de produtos derivados do porcino e que conta con varios selos de calidade, entre eles o de Galicia Calidade, é un exemplo por situar a súa liña de produto ecolóxico sen aditivos no mercado europeo, iniciativa para a que conta ademais co apoio do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) para desenvolver un proxecto de I+D+i para a elaboración de embutidos e xamóns de porco celta sen aditivos.

Coa súa participación en Galicia Avanza, pretende achegar a súa liña de produto eco a mercados europeos como Dinamarca, Alemaña, Francia e Portugal. Ademais, prevé crear un departamento de exportación, investir en márketing internacional, facer unha análise do potencial de internacionalización doutros produtos, recibir apoio na elección dos mercados e buscar canles de comercialización e promoción.

Resolución de Galicia Avanza
A primeira convocatoria de Galicia Avanza recibiu 42 solicitudes de participación, das que foron seleccionadas 30 -5 da provincia de Lugo-. As pemes seleccionadas pertencen a sectores moi diversos como o turismo, o alimentario, a biotecnoloxía, a saúde, a enerxía, o TIC, a automoción ou o aeroespacial. Estas 30 empresas facturaron máis de 100 millóns de euros no período 2020-2021 e dan emprego a máis de 470 persoas.

Entre as solucións innovadoras escollidas atópanse, por exemplo: unha copa menstrual elaborada con silicona platino, mobiliario e outros produtos de deseño fabricados con plástico reciclado, unha empresa do eido aeroespacial dedicada ao desenvolvemento e fabricación de pequenos satélites que busca posicionarse como provedor de referencia na subministración de misións completas, unha firma que comercializa un módulo de vivenda a partir de contedores marítimos destinado principalmente a campings, ata unha empresa dedicada ao desenvolvemento e comercialización de produtos biolóxicos para o control de pragas e enfermidades no ámbito agroforestal.

No eido turístico hai unha axencia especializada na venda de cruceiros turísticos que busca comercializar internacionalmente unha serie de experiencias locais vencelladas á identidade marítima da Coruña e As Mariñas, unha empresa dedicada á comercialización online de estadías en spas, así como unha firma que avanza na xestión do check-in automático en hoteis.

Do sector alimentario seleccionouse, ademais de Jamones González, unha empresa que fabrica e comercializa embutido 100% vexetal sen cereais e sen conservación en frío, unha compañía biotecnolóxica que busca introducir a quimosina para o callado do leite, unha bodega que quere afianzar a internacionalización do seu viño albariño ecolóxico, ou un sistema capaz de analizar as claves para garantir o éxito sensorial dos produtos agroalimentarios.

No eido da biotecnoloxía, apoiarase unha plataforma para o procesado automático de neuroimaxes asistido por Intelixencia Artificial; unha empresa que obtén e comercializa biotoxinas mariñas con interese para as industrias agroalimentaria, téxtil e cosmética; unha firma que busca aproveitar o auxe internacional da cosmética natural e ecolóxica mediante un aceite ozonizado con propiedades antisépticas, antioxidantes, cicatrizantes e rexenerantes que eles mesmos producen.

No campo da saúde, seleccionouse unha ferramenta para a dixitalización do servizo de alimentación en hospitais e residencias, unha plataforma que optimiza o proceso de asignación e planificación dos pacientes e recursos das unidades de radioterapia oncolóxica, ademais dun software de análise de datos para a súa aplicación nas primeiras fases de descubrimento de fármacos.

Varias das propostas céntranse no ámbito enerxético, como un sistema de monitorización de redes de distribución eléctrica de media e baixa tensión; unha empresa que desenvolve, fabrica e comercializa innovadores dispositivos de acumulación, xestión e transformación de enerxía portátiles para os sectores aeronáutico e industrial; e unha empresa de servizos asociados a parques eólicos e aeroxeradores.

O sector TIC está presente a través dunha oficina virtual de atención cidadá, unha plataforma baseada en tecnoloxía WebRTC que permite a operadoras e grandes empresas crear casos de uso personalizados extendendo as redes de comunicación VoIP a calquera dispositivo que teña conexión a internet, ou unha ferramenta que axuda á toma de decisións con utilidade para a análise e avaliación de políticas locais e rexionais.

Folla de ruta personalizada con cada empresa
Durante un período de 8 meses, cada unha destas empresas accederá a un itinerario personalizado en eidos como o estudo de mercado, a estratexia de márketing, a adaptación dos produtos e servizos, o deseño e rexistro de marcas e certificacións ou a estratexia de acceso ao mercado. Ademais, recibirán titorización e asesoramento, así como capacitación e formación especializada.

Esta nova aceleradora forma parte do conxunto de iniciativas de apoio ao emprendemento innovador e ao crecemento a través da innovación impulsadas pola Xunta de Galicia. Ademais, súmase a outras dúas iniciativas neste eido executadas en colaboración con Tecnópole: o programa Agrobiotech Innovación e Connect-19, que apoiaron en conxunto 41 pemes.

Relacionadas

A Xunta resalta a importancia do diálogo social con todos os axentes do tecido...

0
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe en Santiago nun acto de homenaxe -organizado polo Sindicato Nacional...

A Xunta pon en valor o impulso da economía social no sector marítimo-pesqueiro no...

0
— A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá na apertura da feira Esdomar, un espazo de encontro...

Román Rodríguez garante o compromiso da Xunta de Galicia para apoiar o talento científico

0
O conselleiro Ciencia clausura a xornada ‘Encontro polo talento’ organizada por Celera O conselleiro de Educación, Ciencia, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe na...

A Xunta despide os campamentos de verán para persoas con discapacidade que contaron con...

0
A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou último campamento en Gandarío polo que pasaron máis de 100 persoas con discapacidade ao longo deste...

Tres estudantes representan a Galicia en Lyon  na maior competición internacional de FP

0
— Trátase de Ezequiel Toro, do IES San Clemente de Santiago; María Bazar, do CIFP Paseo das Pontes da Coruña, e de Laura Pereira,...

A Xunta avanza na mellora da rede de saneamento do núcleo urbano de Lalín...

0
Ángeles Vázquez engade que se instalará un parque infantil na cuberta do tanque co obxectivo de mellorar a integración paisaxística da obra A Xunta de...

Publicacións Relacionadas