HomeTabeirósA EstradaO BNG pide a retirada da música ambiental das rúas

O BNG pide a retirada da música ambiental das rúas

- Anuncio -spot_img

A concelleira do BNG, Susana Camba, pediu no pleno de hoxe, na sección de rogos e pregunta, “a retirada da música ambiental das rúas da vila, porque non aportan nada e molesta á maioría dos veciños e veciñas”. “A vila é centro comercial, si, pero no que vive xente que quere descansar e quere tranquilidade”, afirma.

Por outra parte, a concelleira nacionalista tamén pediu que o concello “faga unha revisión dos edificios, especialmente os abandonados, para garantir as condicións de seguridade das persoas”. Ademais, a concelleira nacionalista tamén pediu “mellorar seguranz na ponte da vía desde a Torre ata as escolas de Guimarei; cómpre facer derrama dos ameneiros de ámbalas dúas marxes.”

A concelleira nacionalista, Susana Camba, volveu a insistir no deterioro do vial do Souto de Vea. “O concello ten que tomarse en serio ese vial, polo que circulan centos de vehículos todos os días, non pode ser que non estean delimitados os carrís e as zonas de aparcamento, é perigoso a situación na que se atopa”, afirma, “ademais o parcheado que fixo hai poucas semanas o concello está xa deteriorado”.

Publicacións Relacionadas