HomePontevedraO Partido Popular organizará un acto en recordo a todas as vítimas...

O Partido Popular organizará un acto en recordo a todas as vítimas de ETA cando se cumpren 25 anos do secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco

- Anuncio -spot_img

O presidente do PP de Pontevedra, Rafa Domínguez, adiantou que se trata dun acto aberto á cidadanía, na que se lerá un manifesto e realizarase unha ofrenda floral. Ademais, varios invitados intervirán durante a homenaxe

Ao acto, que se celebrará o vindeiro mércores, 13, na praza da Liberdade, é aberto á cidadanía ademais de estar convidados todos os grupos políticos municipais, familiares de vítimas do terrorismo e institucións da cidade

O Partido Popular de Pontevedra organizará o vindeiro mércores, 13, un acto en recordo a todas as vítimas de ETA, cando se cumpren 25 anos do secuestro e asasinato de Miguel Ángel Blanco. O presidente dos populares na cidade do Lérez explicou que se trata dunha homenaxe que busca reivindicar “a vida dun mozo secuestrado e asasinado pola banda terroristas ETA en xullo de 1997”.

“Queremos reafirmar e estender os principios de convivencia nos que cría Miguel Ángel, que unicamente reivindicaba a democracia e a liberdade no Pais Vasco e en España”, dixo o popular, que explicou que o acto está feito en coordinación coa Fundación Miguel Ángel Blanco.

O acto estará aberto a toda a cidadanía que desexe participar: será na praza da Liberdade, ás 10.30h da mañá. Na homenaxe lerase un manifesto e realizarase unha ofrenda floral. Ademais, varios invitados intervirán. “Queremos manternos firmes e comprometidos social e politicamente contra o esquecemento e a impunidade e convidar os cidadáns a revivir e reivindicar todo o que representa a figura de Miguel Ángel Blanco”, destacou o popular.

O Partido Popular xa remitín invitacións todos os grupos políticos municipais, ademais da familiares de victimas do terrorismo e a representantes das institucións da cidade. “Miguel Ángel Brando é un símbolo de Liberdade, unha referencia ética e policita de convivencia, e esperamos que todos aqueles que sentan identificados nestes valores asistan”, rematou o popular.

Publicacións Relacionadas