Home Deputacións Deputación Ourense A Deputación amplía a colaboración co Concello de Monterrei para continuar co...

A Deputación amplía a colaboración co Concello de Monterrei para continuar co proxecto de rehabilitación do balneario de Requeixo

- Anuncio -

Manuel Baltar reuniuse no Pazo Provincial co alcalde, José Luis Suárez, comprometendo unha nova axuda por importe de 48.000 euros para a reconstrución do quiosco de augas do complexo situado en Vilaza

O presidente do goberno provincial explica que esta achega encaixa perfectamente na estratexia termal que desenvolve a institución provincial, “poñendo en valor os enclaves balnearios que se estenden por todo o noso territorio”

O alcalde afirma que “as miñas palabras non poden ser máis que de agradecemento á disposición do presidente da Deputación,que sempre está aí colaborando con nós”.

No encontro tamén se repasaron os traballos de reparación dos danos provocados en infraestruturas locais polas riadas de 2019, cofinanciados con 120.000 euros pola Deputación

A Deputación de Ourense contribuirá á continuación das obras de rehabilitación do balneario de Requeixo, un proxecto que desenvolve o Concello de Monterrei e que agora entra nunha nova fase trala consolidación das edificacións existentes no complexo. O presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, comprometeu esta nova axuda logo do encontro que mantivo no Pazo Provincial co alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, reunión na que ademais se fixo un seguimento das obras de reparación dos danos ocasionados polas riadas de decembro de 2019, traballos tamén cofinanciados pola Deputación.

Manuel Baltar explicou que a nova achega comprometida encaixa perfectamente na estratexia termal que desenvolve a Deputación por toda a provincia, “poñendo en valor os enclaves balnearios que se estenden por todo o noso territorio”. Os traballos que se están a facer no complexo de Requeixo son un exemplo desta liña de traballo, destacou José Luis Suárez, “polo que as miñas palabras non poden ser máis que de agradecemento á disposición do presidente da Deputación,que sempre está aí colaborando con nós”.

O alcalde de Monterrei sinalou que con esta axuda, por importe de 48.000 euros, reconstruirase a antiga “bubet”, ou quiosco das augas do balneario, seguindo as fotografías que se conservan da época. Adiantou ademais que se está tramitando a ampliación a 25 anos da cesión do complexo situado en Vilaza, pertencente á empresa Aguas de Fontenova, logo dun primeiro convenio no que se establecía unha concesión inicial de catro anos.

No marco deste acordo coa empresa propietaria, engadiu José Luis Suárez, “vimos facendo actuacións co apoio da Deputación”. Así, unha primeira axuda, tamén de 48.000 euros, permitiu intervir nas edificacións alí existentes: o hotel balneario, a antiga sala de embotellado e a zona do Muíño, co obxectivo de eliminar a maleza que invadía os inmobles, limpar o interior das construcións e consolidar os muros e paredes.

Reparación de pistas e camiños agrícolas

Na xuntanza, o presidente do goberno provincial e o alcalde de Monterrei tamén repasaron os traballos executados en distintos puntos do municipio para reparar os danos que ocasionaron as riadas de decembro de 2019 nas infraestruturas locais. Daquela, o Estado aprobou unha orde de axudas que os concellos tiñan que cofinanciar ao 50 %, “é aí estivo a Deputación, desde o primeiro momento, achegando os 120.000 euros que lle correspondían pagar a Monterrei”, destacou o rexedor.

As obras, cun custo próximo a 240.000 euros, consistiron na reparación das pistas e camiños agrícolas deteriorados polo desbordamento dos ríos Támega, Búbal e Rubín e que afectaron con máis intensidade ás localidades de Vilaza e Albarellos, ademais doutros núcleos de poboación nas parroquias de Estevesiños e Vences. Executáronse cinco obras para reposición do asfaltado, eliminación de fochancas e limpeza de gabias, “actuacións moi necesarias para nós pola importancia destas vías, moi transitadas polos agricultores”.

Relacionadas

A Deputación leva ata Ponte Caldelas o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 23 de maio, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura da vila, e...

A Deputación organiza no seu Edificio Administrativo cursos de español gratuítos para que inmigrantes...

0
A deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, inaugurará o luns 20 de maio, ás 16:00 horas, esta acción formativa na que van participar máis...

A Deputación celebra a integración do Museo de Pontevedra en CODART, unha rede de...

0
“Con esta noticia completamos unha semana de grandes avances liderados polo Museo de Pontevedra para converter á provincia no epicentro cultural internacional”, remarcou o...

A Deputación de Pontevedra abre no Palacete das Mendoza a exposición “Música e pintura”...

0
A mostra do artista coruñés poderá visitarse na sede de Turismo Rías Baixas ata o vindeiro 2 de xuño A Deputación de Pontevedra acaba de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este sábado a Bueu co concerto de...

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

A Deputación leva o programa provincial +Música este domingo a Rodeiro con Boyanka Kostova

0
O calendario do programa inclúe concertos nos 59 concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes, que se celebrarán ata o próximo mes de...

Publicacións Relacionadas