Home Ourense O Ribeiro César Fernández será o único candidato á presidencia da agrupación do PP...

César Fernández será o único candidato á presidencia da agrupación do PP en Ribadavia

- Anuncio -

· César Fernández asume o reto da reelección como presidente da xunta local co “obxectivo claro e irrenunciable de recuperar a alcaldía de Ribadavia para o Partido Popular”

· O candidato quere o partido sexa “unha ferramenta útil para que as veciñas e veciños de Ribadavia recuperen a ilusión”, aspirando a que “o concello volva a ter a posición de liderado que tivo na comarca como capital do Ribeiro”

O Comité Organizador dos Congresos locais extraordinarios do Partido Popular de Ourense proclamou hoxe a César Fernández como candidato único á presidencia da agrupación popular en Ribadavia, unha vez comprobada a validez de todos os apoios presentados. O xa candidato aspira así a reelección como presidente desta xunta local no conclave previsto para o próximo día 22.

César Fernández agradeceu o apoio recibido entre a militancia de Ribadavia “para asumir novamente o reto de presidir o PP neste municipio”. Un paso que afirma dar “coa máxima responsabilidade e ilusión”, ao tempo que formula a principal meta que debe afrontar neste novo período: “O obxectivo claro e irrenunciable de recuperar a alcaldía de Ribadavia para o Partido Popular”.

Tralo remate do congreso e desde o primeiro minuto, asegura Fernández, “será a miña obriga comezar a traballar para alcanzar este obxectivo”. O candidato á presidencia da agrupación local quere que o partido sexa “unha ferramenta útil para que as veciñas e veciños de Ribadavia recuperen a ilusión”, pero engade que tamén deben aspirar a que “o concello volva a ter o esplendor e a posición de liderado que tivo na comarca como capital do Ribeiro”.

Relacionadas

Luis Menor enxalza a artesanía “polo valor engadido que supón para a economía e...

0
O presidente provincial participou na inauguración da 27ª edición da Feira de Artesanía de Ourense, que estará na praza de Bispo Cesáreo ata o...

Acordos do Pleno da Deputación na sesión ordinaria de abril de 2024

0
A Corporación provincial de Ourense celebrou hoxe, baixo a presidencia de Luis Menor, o pleno ordinario correspondente ao mes de abril, no que se...

A Policía Local informa dos dispositivos de tráfico para o festival Outopía e a...

0
A Policía Local do Concello de Ourense informa sobre o dispositivo de tráfico para a celebración mañá, sábado, 27 de abril, do festival Outopía,...

Un taller de defensa persoal insignia ás enfermeiras ourensás como abordar situacións de risco

0
● Un total de 30 enfermeiras de Ourense participaron nesta experiencia piloto que forma parte da planificación de formación continua do COE Ourense ● A...

A Deputación pon en marcha o programa de Fomento do Deporte coa participación de...

0
80 alumnos e alumnas do IES Celso Emilio Ferreiro de Celanova puideron coñecer mellor a través de xogos individuais e en grupo o tenis...

O Concello aproba o proxecto de reforma dun edificio na Praza da Trindade, que...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou esta mañá o proxecto de execución para a rehabilitación dun edificio na Praza da...

Publicacións Relacionadas