Acercase o 25 de Xullo, e Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, organiza máis de 50 actividades en toda Galiza pola V Semana da Patria, que culminarán o 24 de Xullo ca homenaxe a Rosalía e Castelao en Bonabal.
Dúas destas actividades terán lugar na Comarca do Salnés:
A primeira será o Domingo 17, unha Andaina Nacionalista polos miradores da Queimada e da Fonfría, Xil, guiada por Manolo Domínguez, biólogo e responsábel comarcal do BNG O Salnés, e que culminará coa despregadura do Bandeirón.
E a segunda, o mércores 20, ás 20 horas, unha palestra do Deputado do BNG no Parlamento Galego Paulo Ríos “Kai”, no bar Baloca en Cambados, baixo o título “Nacionalismo Galego: Futuro para a Mocidade”.
Desde Galiza Nova facemos un chamamento a toda a mocidade do Salnés a participar nestas actividades.