HomeVigoO PorriñoO Porriño clausura as xornadas de envellecemento activo

O Porriño clausura as xornadas de envellecemento activo

- Anuncio -spot_img

• 16 persoas maiores de 55 anos participaron nestas xornadas de prevención do deterioro cognitivo organizadas polo Concello do Porriño en colaboración con AFAGA

O centro sociocomunitario do Porriño acolleu hoxe a última das sesión do obradoiro de prevención do deterioro cognitivo “Cultiva a mente”, organizado polo Concello do Porriño en colaboración con AFAGA.

O alcalde, Alejandro Lorenzo, e as concelleiras Rosario Costas e Carolina González, acompañaron aos 16 participantes, todos eles maiores de 55 anos, neste último día e fixeronlles entrega dos diplomas acreditativos.

“O motor desta actividade son as relación sociais, para manter activa a memoria, aumentar a autonomía personal, aliviar o estrés…en definitiva, mellorar a calidade de vida dos maiores e contribuir ao benestar daqueles que adicaron a sua vida a asegurar o noso”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo.

Nos obradoiros, impartidos por unha psicóloga con formación específica no desenvolvemento e execución do deterioro cognitivo, traballáronse cuestións como o envellecemento activo, a promoción das relación sociais, a prevención da soidade ou a dependencia, entre outras.

O rexedor destacou a boa acollida da actividade e anunciou que “terá continuidade e formaranse novos grupos”.

Publicacións Relacionadas