HomePontevedraPoioAs obras da mellora da contorna de Caneliñas, en Raxó, entran na...

As obras da mellora da contorna de Caneliñas, en Raxó, entran na súa fase final

- Anuncio -spot_img

• O concelleiro de Obras e Servizos Municipais, Julio Casás (PSdeG-PSOE), lembra que esta actuación lévase a cabo a través da mellora do proxecto inicial da reforma da Rúa Lameiriña

O concelleiro de Obras e Servizos Municipais, o socialista Julio Casás, pasou revista esta semana aos traballos de reforma que se están a acometer na contorna de Caneliñas, na parroquia de Raxó. Tal e como lembra o edil responsable desta área, esta actuación supón unha mellora importante con respecto ao proxecto inicial que Concello impulsou no ano 2019 co obxectivo de rehabilitar a Rúa Lameiriña.

Aproveitando o cese de actividade da anterior adxudicataria, Nexia Infraestructuras, desde o departamento de Obras optouse por levar a cabo “un proxecto moito máis ambicioso”, que tamén inclúe a mellora da Praza Lameiriña. En total, o investimento ascende a máis de 400.000 euros, IVE engadido, financiado a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Casás, que na súa visita estivo acompañado polo titular de Urbanismo, o tamén socialista Gregorio Agís, sinala que se non se produce ningún contratempo a posta a punto de Caneliñas será unha realidade por completo en poucos días. “A nosa pretensión era rematar a obra antes do verán, pero déuselle prioridade á Rúa Lameiriña, que xa está operativa ao 100%”, sinalou o responsable de Obras e Servizos Municipais, que destaca como grandes vantaxes da actuación a dotación dunha superficie de adoquín en pedra, ao tempo que se redunda na mellora da mobilidade. “Seguindo a nosa filosofía no que á recuperación de núcleos tradicionais se refire, é unha actuación totalmente respectuosa coa contorna”, garantiu.

Estes traballos están sendo levados a cabo pola empresa Covsa, adxudicataria do proxecto. A reforma sirve tamén para completar unha nova extensión de adoquinado, dando así continuidade a outros espazos nos que xa se actuou no seu día. Julio Casás agradeceu a “paciencia e comprensión da veciñanza” durante a realización dos traballos, que se prolongaron durante varios meses, e salienta que “esta nova superficie, ademais de adaptarse á contorna, tamén resulta moito máis efectiva e duradeira co pavimento normal”.

Publicacións Relacionadas