Home Baixo Miño A Guarda A Deputación destina preto de 1,5 millóns de euros do Plan Concellos...

A Deputación destina preto de 1,5 millóns de euros do Plan Concellos a sete municipios

- Anuncio -

Os fondos provinciais chegarán a Poio, Marín, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Dozón, A Guarda e Pontecesures para transformar o espazo público

O Goberno da Deputación vén de dar luz verde a 1.462.641€ en investimentos ao abeiro do Plan Concellos que chegarán a sete municipios da provincia. Grazas a estes recursos, poderán realizarse actuacións para transformar o espazo público e crear dotacións municipais en Marín, Poio, Cerdedo-Cotobade, Covelo, Dozón, A Guarda, e Pontecesures.

Destaca a inversión realizada en Poio, que recibirá achegas para dúas actuacións por un valor total de 501.376 euros, cos que poderá realizar obras de humanización en dúas parroquias. Por unha banda, 351.584 euros serán para a mellora do firme e a renovación e dotación da rede de abastecemento, saneamento e pluviais na parroquia de Samieira, en Arén. Pola outra, en Liñares, na parroquia de San Xoán, 149.792 euros irán destinados a mellorar o firme, instalar alumeado público soterrado e realizar a previsión para a baixada das liñas aéreas eléctricas e de telefonía no Camiño da Paradela.

Ademais, Marín recibirá 284.309 euros para o mantemento do firme de camiños rurais nas parroquias de San Xián, San Xurxo (Mogor), Nosa Señora do Carme (Seixo), Santa María (O Campo), Santo Tomé de Piñeiro e Santa María (Ardán). En total, estas obras de conservación e mantemento realizaranse sobre máis de 3 quilómetros de vías. Tamén na comarca de Pontevedra, Cercedo-Cotobade poderá construír unha EDAR con humedais artificiais na parroquia de Quireza grazas a unha achega de 98.835 euros. Esta instalación quere minimizar o impacto das augas residuais dos lugares dos Castros e do Outeiro empregando un método de deputación que se integra na forma de vida da zona.

A Guarda disporá de 317-955 euros para realizar a primeira fase da mellora da mobilidade na rúa Coruña, coa intención de reordenar a rúa para gañar espazos para as e os peóns, mellorando así a seguridade viaria e renovando e mellorando as redes de servizo. Entre as principais actuacións están a dotación dun percorrido peonil continuo e seguro, o incremento do ancho das beirarrúas, a eliminación de barreiras arquitectónicas, a mellora dos pasos de peóns e a creación de zonas axardinadas.

Por outra banda, Covelo contará con 105.881 euros para acondicionar a contorna da Igrexa de Santiago de Prado de Canda, unha obra na que se executará un ramal de saneamento na rúa Aldea de Abaixo, canalizando a recollida de augas pluviais e renovando ademais o pavimento da zona. Ademais, a Deputación aporta 60.000 euros a Dozón para construír una nova para o novo viveiro industrial de empresas, que complementará á xa existente, construída en 2020 e ao 100% de ocupación na actualidade. Por último, Pontecesures recibirá 96.285 euros do Plan Concellos para mellorar varias vías. En concreto, actuarase na nas rúas Fontaíña, Illán e Couto e nos camiños de Outeiro e dos Mariñeiros.

Relacionadas

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Baiona desentraña os segredos da arribada da Pinta nun emocionante xogo de escapismo ao...

0
Será o primeiro dos 14 escape rooms temáticos postos en marcha por Eu Rural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño relacionados...

Obras de pintado e sinalización no Paseo de Cardona, en Chapela

0
O Concello de Redondela informa que desde o mércores día 8 ata o venres día 10 de maio realizaranse traballos de sinalización horizontal e...

A praia de Cesantes rexistra a chegada das “lebres de mar”

0
A concellería de Medio Ambiente tivo coñecemento esta fin de semana da chegada de varios exemplares de “lebres de mar” á praia da Punta,...

Publicacións Relacionadas