Home A Coruña O BNG leva ao Parlamento de Galiza a protección do Pazo dos...

O BNG leva ao Parlamento de Galiza a protección do Pazo dos Serrano fronte á especulación inmobiliaria

- Anuncio -

A Deputada Mercedes Queixas ven de rexistrar varias preguntas sobre a postura da Xunta fronte ao Plan Especial iniciado pola promotora que se contrapón á lexislación vixente de protección do patrimonio e do Camiño Inglés.

O Plan iniciado a petición da empresa constructora, contrasta coas demandas da Xunta de Galicia para a revisión do PXOM do Concello de Culleredo en trámite, nas que rexeitaba a construción nos terreos pacegos.

O BNG demanda a protección do conxunto histórico do Pazo dos Serrano, as súas construcións, xardíns e árbores senlleiras, para o seu desfrute pola veciñanza.

O Bloque Nacionalista Galego, a través da súa Deputada Mercedes Queixas, ven de rexistrar varias preguntas e presentar unha Proposición non de lei para o seu debate no Pleno do Parlamento de Galiza, reclamando a protección do Pazo dos Serrano en Vilaboa. Nos últimos meses iniciouse a tramitación dun Plan especial de reforma interior dos terrenos do conxunto pacego, promovido pola empresa construtora Aliseda, froito da alianza entre o Banco Santander e o fondo de inversión estadounidense Blackstone.

Estes terrenos atópanse na franxa de protección do Camiño Inglés a Santiago, segundo se recolle na Lei 3/1996 e no Decreto 110/2014 que marcan a súá delimitación. O Camiño Inglés percorre a Avenida de Vilaboa, tal e como figura no seu trazado, e este conxunto é referido como ben catalogado no asentamento tradicional de Vilaboa na Memoria Ambiental, emitido pola Consellería de Medio Ambiente para o PXOM de Culleredo, actualmente en trámite. Na tramitación deste PXOM por parte do Concello de Culleredo xa se tentaba autorizar a construción de edificios de vivendas de entre 5 e 8 alturas nos sectores mencionados, mais a avaliación ambiental da Xunta de Galiza impediuno, paralizando a tramitación do PXOM.

É por todo isto que o BNG demanda da Xunta de Galiza aclarar a súa valoración a respecto do Plan Especial, a súa compatibilidade coa lexislación vixente de protección do patrimonio cultural e do Camiño de Santiago, así como da súa responsabilidade na protección do conxunto do Pazo dos Serrano. O BNG presenta tamén unha Proposta non de lei co fin de instar a Xunta a non autorizar a edificación dentro do recinto do Pazo dos Serrano, declarando nula e arquivando a tramitación do anunciado Plan, esixindo dos propietarios o cumprimento da Lei 5/2016 de patrimonio cultural, para conservar e manter en boas condicións o conxunto pacego evitando a súa progresiva deterioración e perda.

Relacionadas

A Ribeiriña loce renovada fachada marítima

0
A valorización da fachada marítima da Ribeiriña e a recuperación dun espazo natural para desfrute da veciñanza. Con esta idea, o Ministerio para a...

A Xunta de Goberno aproba o proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal...

0
A Xunta de Goberno deu luz verde ao proxecto de reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios cun orzamento base de licitación de...

As participantes no programa “A Laracha Acolle” realizan un obradoiro de bo trato e autocoidados

0
As asistentes son mulleres de Marrocos, Paquistán, Ucraína e Colombia empadroadas no termo municipal da Laracha. No concello da Laracha estase a desenvolver desde hai...

O Concello pon en marcha un tratamento preventivo en 85 palmeiras da cidade co...

0
Este luns comeza a aplicarse acetamiprid nos exemplares existentes nos xardíns de Méndez Núñez, a rúa Santa Lucía, cemiterio de Santo Amaro, As Atochas...

Un milleiro de nenos e nenas participarán na XXIV edición do Correlingua

0
O concelleiro Gonzalo Castro destacou a importancia deste evento para “manter moi viva a lingua entre as próximas xeracións” O concelleiro da Área de Fomento...

Laxe recoñece ás persoas máis lectoras da súa biblioteca municipal

0
• As galardoadas foron Sara Khaled Danais na categoría infantil - xuvenil e María Isabel Martín Campo na categoría de adultos • Todo isto transcorreu...

Publicacións Relacionadas