Home Pontevedra Caldas A Xunta recibe as ofertas de 8 empresas para executar a renovación...

A Xunta recibe as ofertas de 8 empresas para executar a renovación das beirarrúas da estrada PO-226 en Moraña, cun investimento de máis de 387.000 euros

- Anuncio -

― Actuarase nun treito de 300 metros da vía principal do municipio, desde a intersección que dá acceso á Casa do Concello ata o límite do núcleo urbano

― Renovaranse as beirarrúas e adaptaranse á nova normativa de accesibilidade, rehabilitando o firme dos carrís de circulación

― A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé comezar as obras no outono, cun prazo de execución de 6 meses, para que estean concluídas na primavera do 2023

― A actuación permitirá facilitar a mobilidade no acceso dos veciños ao Consistorio, á biblioteca pública, á escola de música e a establecementos como a panadería

― Aproveitarase a obra para intervir nos servizos de abastecemento e saneamento, construíndo unha liña exclusiva para canalizar a auga de chuvia e separala das fecais

― Tamén se renovará a iluminación e procederase ao soterramento das liñas eléctricas e de telecomunicacións, completándose a intervención coa instalación de mobiliario urbano e axardinamento para humanizar este treito de travesía

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade recibiu as ofertas de 8 empresas para executar as obras de renovación das beirarrúas da estrada PO-226, que suporán un investimento de máis de 387.000 euros.

A Xunta prevé adxudicar as obras no mes de setembro e empezar a traballar sobre o terreo no outono, co obxectivo de telas rematadas na primavera do 2023, xa que contan cun prazo de execución de seis meses.

Con esta actuación, o departamento de Infraestruturas da Xunta trata de facilitar a mobilidade dos veciños de Moraña, para o que se intervirá nun treito estratéxico desta vía autonómica, coincidente co núcleo de Santa Lucía, na parroquia de Saiáns, onde está situada a Casa do Concello, a biblioteca pública e a escola municipal de música, ademais de diferentes establecementos comerciais, como a panadería.

Máis en detalle, intervirase nun treito de 300 metros da estrada PO-226, desde a intersección que dá acceso ao Consistorio ata a chegar ao límite do casco urbano, onde as beirarrúas se atopan deterioradas debido ao esgotamento da vida útil do pavimento. A Xunta vai actuar, renovándoas e adaptándoas á nova normativa de accesibilidade.

O proxecto deseñado pola Xunta abrangue as dúas marxes do que é a principal vía do municipio, renovando as beirarrúas, facéndoas accesibles e ampliando o seu ancho nun treito da marxe esquerda para facilitar o tránsito dos peóns.

Xunto con isto, está prevista a rehabilitación do firme dos carrís de circulación, o que favorecerá tamén o tránsito dos vehículos en boas condicións.

Nesta actuación aproveitarase para intervir nos servizos de abastecemento, saneamento e pluviais, impulsando unha importante mellora, ao construír unha liña exclusiva para canalizar a auga de chuvia e separala das fecais, dotando este treito dunha rede de saneamento separativa.

Ademais, renovarase a iluminación e procederase ao soterramento das liñas eléctricas e de telecomunicacións, executando un prisma para estes servizos.

A actuación completarase coa instalación de mobiliario urbano e axardinamento para humanizar este treito de travesía de PO-226, que constitúe o corazón do municipio e que vai gañar, con esta actuación, espazo público para o desfrute dos veciños.

O departamento que dirixe Ethel Vázquez segue traballando para responder ás necesidades do rural con obras e servizos importantes para mellorar a calidade de vida de moitos galegos. Neste caso, trátase de facilitar que os veciños de Moraña poidan realizar os seus desprazamentos máis habituais en condicións de seguridade e de comodidade.

Relacionadas

A Xunta e a Fundación MOP convocan bolsas no estranxeior para estudantes de fotografía...

0
— Catro alumnos poderán participar nun programa educativo na Fundación Sozzani de Milán durante os meses de setembro a decembro deste ano — A directora...

Galicia terá este ano 114 praias con bandeira azul, a terceira comunidade autónoma con...

0
— Suma un areal máis respecto ao balance do exercicio anterior e aínda que non hai ningunha incorporación nova, catro das praias distinguidas recuperan...

José González apela ao diálogo e ao entendemento para afianzar a baixa do paro...

0
Indicou que unhas das prioridades do Goberno galego é impulsar o emprego, axilizando todos os apoios para que cheguen á cidadanía de xeito fácil,...

A Guarda prepara unha gran festa para celebrar as Letras Galegas

0
Blues do País, Magín Blanco e unha Foliada final serán os principais ingredientes desta xornada festiva. Neste 2024 A Guarda quere festexar o Día das...

O auditorio de Goián soará ao ritmo da Orquestra do Conservatorio Superior de Música...

0
Será este venres 10 de maio ás 20.30 horas con entrada libre O música resoará sobre o escenario do auditorio municipal de Goián co concerto...

60 familias de Salceda e Salvaterra beneficiaranse dun programa conxunto pioneiro

0
Os Concellos de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, a través das súas respectivas Concellarías de Igualdade, veñen de botar a andar unha...

Publicacións Relacionadas