Home Pontevedra Deza Mireya Otero lémbralle a Alex Fiuza, que co goberno de Xuntos mellorouse...

Mireya Otero lémbralle a Alex Fiuza, que co goberno de Xuntos mellorouse o Plan Concilia e creouse o Plan Madruga

- Anuncio -

• Segundo Mireya, “ nótase que se achegan as eleccións, porque o BNG empeza a usar ás asociacións do municipio ao seu favor, con mentiras e tentando facerse os protagonistas do traballo do goberno”

O equipo de Xuntos está moi tranquilo ante as últimas declaracións de Alex Fiuza nos medios, onde afirma que os pais non estaban conforme cos horarios que se acordaron, algo inaudito segundo Mireya porque ela mesma acordou estes horarios cos pais e nais, tentando favorecer no posible a todos e a todas, como afirma Mireya o custo do servizo non vai ser maior por poñer unha hora ou outra, si terá un prezo un pouco maior os que elixiron o horario de 8:00 a 9:45, que por suposto está contemplado e hai nenos apuntados nese horario, polo que o goberno de Xuntos tomou a decisión en base ás peticións recibidas, é máis reta a Alex Fiuza a que presente un escrito coas firmas dos representantes do ANPA, que dea credibilidade a esas palabras, non entende Mireya que Fiuza non fale coas súas compañeiras do BNG beneficiada de este servizo, e sabe perfectamente que Alex mente no horario, e aínda así sabéndoo permítense sacar unha nota de prensa chea de mentiras, como afirma Mireya “falar é gratuíto” e aconsella ao representante do BNG “que se poña a traballar por todos os veciños e veciñas e que empece por deixar de votar en contra nos plenos ás infraestruturas que nos benefician a todos, só coa intención de paralizar os traballos”.

Mireya sabe que os veciños e veciñas de Vila de Cruces “que non son parvos” verán nas palabras do BNG as súas intencións e aproveita Mireya para lembrarlle a Fiuza que ata que gobernou Xuntos en Vila de Cruces non existía o Plan Concilia en Semana Santa, nin autobuses para os nenos no verán, nin sequera había actividades no mes de decembro acorde as necesidades, e por suposto creouse o plan Madruga que non existia, pero iso dá igual, o importante é rabuñar votos como sexa, a proba está en que se o goberno de Xuntos leva proxectos aos plenos Alex Fiuza no canto de apoialos e axudar, dedícase a votar en contra, sen ningún argumento razoable, como se pode comprobar nos vídeos.

Do único que están preocupados realmente este grupo político que ten á fronte a Alex Fiuza, é de conseguir a cadeira de brazos da alcaldía como xa se demostrou, é máis nos próximos plenos, todos poderán comprobar cales serán as votacións de Alex e os seus compañeiros aos investimentos que Xuntos vai propoñer, non teñen ningún reparo en aliarse co PP con total de amolar ao goberno, sen importarlles que iso deixen a parroquias sen investimentos, como xa fixeron nalgunha ocasión.

Relacionadas

Os deputados Javier Tourís e Marcos Guisasola acoden á igrexa do mosteiro da Armenteira,...

0
Os deputados provincias Javier Tourís e Marcos Guisasola estiveron este domingo na igrexa do mosteiro da Armenteira. A coñecida como “catedral do Salnés” volve...

O Concello de Nigrán completará neste ano o empedrado do núcleo histórico de Chandebrito...

0
Rematarase o adoquinado da rúa Igrexa e se extenderá ao Camiño das Pedreiras e Buenos Aires. Ademais, melloraranse os camiños das Eiras e Soeiro...

A Deputación concede preto de 30.000 euros ao Concello de Campo Lameiro para dotar...

0
Trátase de recursos do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas que distribuíu xa máis de 2,4 millóns de euros entre concellos da provincia de menos...

Tomiño intensifica a loita contra os incendios coa apertura de case 500 expedientes para...

0
No 2023 tramitáronse 174 denuncias que afectaban a 497 parcelas. A maioría dos expedientes resolvéronse enviando unha soa notificación O Concello ten un programa único...

Luis López amosa o apoio da Deputación ao BM Porriño, que busca o pase...

0
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e a vicepresidenta Luisa Sánchez asisten no Pavillón Municipal do Porriño ao partido de ida das...

Corte de tráfico por obras de asfaltado no camiño da Quirincosta

0
A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, que dirixe Roberto Villar, advirte que o vindeiro luns, 6 de maio, estará cortado ao tráfico o camiño...

Publicacións Relacionadas