HomePontevedraAdianto das restriccións de mobilidade para a celebración da Copa do Mundo...

Adianto das restriccións de mobilidade para a celebración da Copa do Mundo de Tríatlon do 24 de xullo

- Anuncio -spot_img

A Policía lembra que pode chamar ao teléfono de información policial para consultar dúbidas Pontevedra acollerá o vindeiro 24 de xullo a Copa do Mundo de Tríatlon 2022 que provocará restriccións da mobilidade especialmente nos desprazamentos en vehículos entre as 9:00 e as 20:30 horas.

Para minimizar o impacto que poida causar esta proba deportiva, a Policía fai un avance do plan de mobilidade que activará esa xornada e aclarará dúbidas no teléfono 986 833080. As persoas interesadas deixarán o seus datos de contacto e a consulta a resolver.

Posteriormente, unha vez estudado cada caso, a Policía porase en contacto coa persoa para facilitarlle unha solución ou ampliar a información.

En principio, as restricións do día 24 serán as seguintes:
• Mañá entre as 9 e as 15:30 horas.
• Tarde entre as 5:30 e as 20:30 horas

Publicacións Relacionadas