Home Ourense O Pereiro de Aguiar Luis Menor asume a presidencia do PP de Pereiro de Aguiar co...

Luis Menor asume a presidencia do PP de Pereiro de Aguiar co reto de “reforzar a nosa maioría e sumar apoios a este proxecto político”

- Anuncio -

· Na clausura do conclave o presidente provincial, Manuel Baltar, defendeu que “ninguén mellor que nós pode dicir que somos o partido de Ourense, porque gañamos sempre as eleccións cos mellores datos de participación e iso lexitima aínda máis os resultados”

· Menor “reafirma hoxe o seu liderado nun concello de referencia en Galicia que foi quen de transformar, dando todo de seu para responder á confianza que Pereiro de Aguiar estalle a dar”, subliñou Baltar.

· O xa presidente local do PP afirmou que a nova dirección “está aberta a calquera cambio que redunde en beneficio dos nosos e cun partido esponxa que saiba dar resposta ás necesidades dos habitantes de Pereiro”

Luis Menor Pérez asumiu hoxe a presidencia da agrupación do Partido Popular en Pereiro de Aguiar, logo de recibir o apoio unánime dos compromisarios no congreso local extraordinario celebrado no auditorio dos Gozos. Un reto no que estará acompañado por unha executiva que integran 20 mulleres e homes, dez máis que ata agora, “para reforzar a nosa maioría e sumar novos apoios a este proxecto político co que queremos seguir transformando o concello”, afirmou o xa presidente da xunta local e alcalde de Pereiro.

No acto de clausura do congreso, o presidente provincial do PP, Manuel Baltar, asegurou que “Luis Menor reafirma hoxe o seu liderado nun concello de referencia en Galicia que foi quen de transformar, dando todo de seu para responder á confianza que Pereiro de Aguiar estalle a dar”. Vocación e ilusión para un proxecto que incorpora a máis xente “e onde en política sumar é multiplicar”.

O presidente provincial defendeu que “ninguén mellor que nós pode dicir que somos o partido de Ourense, porque gañamos sempre as eleccións cos mellores datos de participación e iso lexitima aínda máis os resultados”. Ourense, lembrou, foi nas últimas xerais a provincia española con maior apoio electoral a calquera formación política, a provincia galega cos mellores resultados nunhas autonómicas e nunhas xerais (2011), “un mérito atribuíble a todos e cada un dos afiliados, das concelleiras e concelleiros e da xente que pertence ás 92 xuntas locais do PP na provincia”.

Manuel Baltar situou agora o obxectivo en bater o récord de alcaldías (71) e recuperar a maioría absoluta na Deputación, “para o que precisamos un partido forte, porque sen partido non hai goberno”. Así definiu o congreso de Pereiro como un paso máis no camiño “cara esa gran victoria que esperamos dentro de 315 días: as eleccións locais de maio de 2023”. Unha data, dixo, “para a que nos estamos preparando desde que remataron as pasadas eleccións, porque a clave deste partido é comezar a traballar desde o momento no que se sabe o resultado das anteriores eleccións, e isto é o que nos diferenza dos demais”.

A XESTIÓN, “O NOSO AVAL PARA SEGUIR CONTANDO COA CONFIANZA MAIORITARIA DA VECIÑANZA”.

Luis Menor tivo palabras de agradecemento para os compromisarios polo seu apoio unánime, para as persoas que lle acompañan na nova dirección, para os preto de cen asistentes ao congreso e para Manuel Baltar “pola confianza que deposita en min para liderar a xunta local do partido”.

Lembrou que no 2019 “fixemos un proceso exemplar de transición, un cambio rexido polos principios de xenerosidade das persoas que se fixeron a un lado, e de responsabilidade para os que asumimos a tarefa de renovar un equipo e un proxecto político”. O amplo apoio da xente naquel proxecto “devolvémolo en forma de traballo continuo e moitos proxectos realizados” e agora, engadiu, a pouco máis de nove meses das elección locais de maio de 2023 “agardamos que esa xestión sexa o noso aval para seguir contando coa confianza maioritaria da veciñanza”.

Recoñeceu que este é un escenario político diferente ao do 2019, pero afirmou que entre os seus obxectivos está “reforzar a maioría sen perder nunca a nosa esencia, abertos a calquera cambio que redunde en beneficio dos nosos e cun partido esponxa que saiba dar resposta ás necesidades dos habitantes de Pereiro”.

Relacionadas

O alcalde recibe o director da ONCE en Ourense e trasládalle o apoio do...

0
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome recibiu esta mañá no Concello o director da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) en Ourense, David...

Alcalde e CEO reclaman a mellora de infraestruturas periféricas e urxen as autovías a...

0
Pérez Jácome recibiu no salón de plenos a comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no...

A Xunta de Goberno Local concede 4 licenzas urbanísticas na súa sesión ordinaria desta...

0
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense acordou na súa sesión de hoxe conceder 4 licenzas urbanísticas, para os proxectos de adaptación...

O presidente da Deputación visita en Paderne o futuro centro de transformación de produtos...

0
Luis Menor, acompañado polo presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e do alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez, coñeceu in situ o estado actual desta infraestrutura que...

A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reúne este sábado a 250 deportistas de...

0
A IX Copa Deputación de Natación Sincronizada reunirá este sábado, 4 de maio, na piscina Rosario Dueñas, a un total de 250 deportistas de...

A Deputación colabora con Adegal para dar formación e asesoramento a agricultores e gandeiros...

0
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, mantivo no Pazo Provincial un encontro cos representantes da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da...

Publicacións Relacionadas