HomePontevedraA ParadantaMúsica en directo con Sindicato Verbenero este sábado na casa cultural de...

Música en directo con Sindicato Verbenero este sábado na casa cultural de Paraños, Covelo

- Anuncio -spot_img

Dentro da programación do Verán Cultural o Concello de Covelo oferta música en directo en distintas actividades para todos os públicos en distintas parroquias do concello

Dentro da programación do Verán Cultural do Concello de Covelo este sábado 16 de xullo poderemos gozar da música en directo con Sindicato Verbenero que actuará a partir das 22 horas nas pistas deportivas da Casa Cultural de Paraños.

A ritmo de pop e de rock Sindicato Verbenero faranos bailar pero tamén rememorar tempos pasados cun repertorio diferente con versións dos grandes éxitos musicais.

A programación do Verán Cultural chegará a distintos puntos do concello co obxectivo de por en valor as parroquias, achegar a cultura a toda a cidadanía e ofrecer actividades variadas de distintos estilos e para tódalas idades.

Publicacións Relacionadas